Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
miércoles 19 de mayo de 2010
xornada de difusión de internet para a vida cotiá.
Mañá xoves dia 20 a partir das 17h no salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo e dentro das actividades conmemorativas do dia de Internet (17 de maio) celebrarase unha pequena xornada dirixida a maiores de idade enfocada a mostrar diversos usos de internet na vida cotiá. Así, comezarase tratando as redes sociais (FACEBOOK, TUENTI...) non só de como funcionan senón de vantaxes ou perigos ou inconvintes (sobre todo de cara a adoelscentes, etc). Tamén se fará unha demostración de uso de videochamada (SKYPE) e farase unha demostración de videochamada cunha vicedense en Xenebra (Suiza) e rematarase co uso do DNI ELECTRÓNICO en diferentes paxinas oficiais como o Catastro, DXT, banca electronica, etc.
martes 11 de mayo de 2010
Actuación de TÍTERES FALCATRÚA o próximo xoves no Vicedo
Dentro do programa LETRAS VIVAS ANIMACIÓN, este xoves actuarán na Casa da Cultura de O Vicedo a partir das 12h o grupo TITERES FALCATRÚA, que representará a obra LINOCHO E A LÚA. Asistirán a esta representación a totalidade dos alumnos do CEIP O VICEDO.
Máis info sobre a obra pinchando aquí.
Máis info sobre a obra pinchando aquí.
lunes 10 de mayo de 2010
Segundo fin de semana ruta de pinchos en O Vicedo
Este domingo rematou a 3ª edición da Ruta de Pinchos coa participación neste caso dos locais de O Vicedo. Houbo un gran ambiente e calidade de presentación e sabor dos pinchos.



lunes 3 de mayo de 2010
primeira xornada da ruta de pinchos
Cunha moi boa afluencia de público (sobre todo o sábado) celebrouse xa a primeira xornada de ruta de pinchos que, nesta primeira fase, se centraba nas parroquias de S. Román e Suegos.
O próximo fin de semana será no núcleo do Vicedo.

O próximo fin de semana será no núcleo do Vicedo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)