lunes, 22 de agosto de 2016

A madrugada do venres ao sábado rematou o torneo de tenis de mesa 2016. Participaron 16 xogadores que se enfrentaron en 4 grupos de 4, pasando os dous mellores de cada grupo aos cuartos de final. Os resultados foron:
Semifinais: Fran - Alberto (3-2) e Sindo - Alfonso (3-1).
3º e 4º posto: Alberto - Alfonso (1-4)
Final: Sindo - Fran (4-2)
Desde a Casa da Cultura queremos agradecer aos participantes a súa asistencia e felicitar aos premiados.










viernes, 19 de agosto de 2016

Karaoke de verán 2016

Gran participación no karaoke de verán na terraza da Casa da Cultura. A xente moi animada e pedindo cancións continuamente. Novos e pequenos puideron cantar as súas cancións favoritas, subir ó escenario e disfrutar. Gracias a todos por participar!!


















miércoles, 17 de agosto de 2016

Ruta de sendeirismo Sendeiro Azul - Praia de Area Grande

Unhas 45 persoas participaron na ruta de sendeirismo duns 10 km programada hoxe dentro dos mércores de natureza nunha mañá moi propicia para a práctica do sendeirismo. Os camiñantes puideron disfrutar dunhas fermosas vistas sobre a costa occidental da Mariña de Lugo, da riqueza xeolóxica da zona de Fuciño do Porco e, por suposto, das praias de Abrela e Area Grande e das calas de Alegrín e Porto de Val, así como a cetárea de Medas do Castro.
A próxima ruta, a que rematará as edicións dos mércores de natureza por este verán, será o mércores 24 de agosto ás 10h co descenso do Río Sor en kayaks


























martes, 16 de agosto de 2016

Fotografías do concurso de castelos de area

https://photos.google.com/share/AF1QipMpqeMj_zCtOV_z-KmUkggIUHp6SmOz11SdnNTG3-1iOBseF6nHncNI1lkhMwRasg?hl=es&key=Z2tEN2FrWEREZ3ZkZ09JOWc0Y2JpRFFLU1J2aW1n

Esta semana: Ruta de sendeirismo, karaoke de verán e torneo de tenis de mesa

Esta semana ven repleta de actividades socioculturais. O mércores, dentro dos mércores de natureza, percorreremos o sendeiro azul entre Abrela e Punta Socastro e regresaremos para continuar o camiño ata a praia de Area Grande en San Román. Trátase dunha ruta  duns 10 km e o punto de encontro será a Casa da Cultura do Vicedo ás 10h ou na propia praia de Abrela ás 10:30h.
O xoves será o turno do karaoke de verán, unha actividade xa clásica que alegrará  a noite do xoves na terraza da Casa da Cultura a partir das 22:30h.
Xa o venres, o torneo de tenis de mesa, dirixido a adultos e que este ano se celebrará nun único día. Comezará ás 19h do venres ata rematar. Hai unha única categoría e haberá 3 premios, unha tablet para o gañador, un reloxio dixital para o segundo clasificado e un altavoz inalámbrico para o terceiro.




martes, 9 de agosto de 2016

Ruta de senderismo nocturna

El míercoles 10 de Agosto, dentro de las actividades de naturaleza de la programación sociocultural de nuestro ayuntamiento, os ofrecemos una experiencia única: SENDERISMO NOCTURNO.
Una ruta entre el PUENTE sobre el RÍO SOR (22:30hs) y la playa de XILLOI (7km). El muelle del puerto de O Vicedo será el lugar de encuentro intermedio (23:00hs aprox.) para aquellos que prefieran incorporarse a la ruta desde ese punto.
Al finalizar la ruta habrá CHOCOLATADA en el merendero Los Árboles a un precio de 2€. Se recomienda llevar linterna o similar.
Inscripciones: 982 59 10 95 / concello@concellodovicedo.org

lunes, 1 de agosto de 2016

Este mércores: Descenso do Río Sor en Kayaks

Este vindeiro mércores día 3 de agosto a actividade será o descenso en kayak do Río Sor, unha actividade que se organiza cada verán porque nos permite dar a coñecer o Río Sor e parte da Ría desde dentro. Nesta ruta, que dura unhas 2 horas, os participantes poderán observar os seguintes puntos de interese: O entorno de Ribeiras do Sor (o punto navegable máis alto do Río), á área recreativa de Ribeiras do Sor, a Illa de S. Martín, as pontes sobre o Río Sor, a paia de Arealonga e o porto do Vicedo. A Actividade está pensada para poder ser realizada por un abano amplo de idades, desde xente moi maior ata nenos a partir de 7-8 anos. Outra opción interesante é que os kayaks vaian ocupados por un neno e un adulto. A ruta desenvólvese a un ritmo tranquilo e haberá un descanso a medio camiño. Na actividade participan tanto os monitores da empresa de ocio Actividades Estaca como persoal do Concello de O Vicedo.
O prezo da actividade é de 15 € por persoa e hai que anotarse no teléfono: 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org.
O punto de encontro para a actividade será o porto pesqueiro do Vicedo ás 18:30h desde onde as furgonetas da empresa Actividades Estaca levará os participantes ata Ribeiras do Sor para comezar a ruta, que remata precisamente no Porto do Vicedo.