viernes, 29 de junio de 2007

Creado un novo blog do Servizo de Dinamización do telecentro do Vicedo

Ven de crearse un novo blog que informará de tódalas novidades do Servizo de dinamización do Telecentro do Vicedo (situado na planta baixa da Casa da Cultura). Alí poderedes atopar información sobre tódolos cursos, actividades, concursos... que se celebren desde o telecentro.
O enderezo é http://dinamizaovicedo.blogspot.com

lunes, 25 de junio de 2007

Éxito do campeonato de España de seleccións autonómicas de fútbol sala en categoría sub-21

O fin de semana do 15, 16 e 17 de xuño celebrouse o campeonato de España para seleccións autonómicas de fútbol sala en categoría sub-21. O campeonato tivo un gran éxito de público e un moi alto nivel de fútbol sala.
Finalmente o título foi para a selección de Madrid, en segundo lugar quedou Murcia, Galicia (que tivo opcións de victoria ata o último día) quedou terceira e en cuarto lugar quedou Asturias.
Para moita máis información e fotos do torneo podedes visitar a web do club organizador:


































































viernes, 22 de junio de 2007

Benvidos ó novo Blog da Casa da Cultura

Estades lendo o novo Blog que vai informar das actividades socioculturais realizadas e por realizar desde a Casa da Cultura e tamén da información relativa á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a técnico de emprego local.
Neste novo blog aparecerá información máis exhaustiva que a do boletín da web do Concello e poderedes observar moito máis material audiovisual (fotografías, carteis, videos...) que ilustrarán mellor o noso traballo.
Pero todo esto non serve de nada se non é lido e comentado. Así que animámosvos a expresar os vosos comentarios e suxestións tanto sobre o propio blog como sobre posibles actividades, avaliación das actividades realizadas...
Saúdos desde a Casa da Cultura

Inauguración do Blog da Casa da Cultura de O Vicedo

Ola! Benvidos!