lunes, 31 de marzo de 2008

obradoiro de coñecemento da costa cantábrica e arco ártabro

Ó longo da semana pasada e comezos desta nos obradoiros de actividades que habitualmente se desenvolven no Concello de O Vicedo proxectáronse uns DVD onde se mostran as características medioambientais da costa de Lugo e do Arco Ártabro ata A Coruña. Esta actividade enmárcase dentro das actividades de difusión medioambiental relacionadas coa campaña Bandeira Azul.

miércoles, 26 de marzo de 2008

Segunda edición das noites de xogos de mesa

Este venres 28 de marzo a partir das 21h e dirixido a maiores de 14 anos vai ter lugar a segunda edición da noite de xogos de mesa onde se poderá xogar a xogos tan coñecidos como PARTY & CO, SCATTERGORIES, , TABÚ, SCRABBLE, CIFRAS E LETRAS, ETC.
Invitamos a tódolos xovenes a que se animen a pasar a noite do venres entre amigos e xogando. Debido á boa valoración da primeira edición decidimos organizar rapidamente unha segunda edición para pasar estas noites de venres do inverno. Dividiranse os participantes por idades para ser de niveis similares.

lunes, 24 de marzo de 2008

Ata o 11 de abril aberto o prazo para anotarse nos campamentos de verán para xóvenes entre 9 e 17 anos

Ata o día 11 de abril estará aberto o prazo para anotarse para o sorteo de prazas dos campamentos de verán que organiza cada ano a Xunta para nenos entre 9 e 17 anos. Trátase de campamentos de unha ou dúas semanas nalgún dos albergues da xunta en Galicia (como o que posúe en Area-Viveiro) e onde se organizan actividades de ocio deportivocomo piraguismo, sendeirismo, vela..., actividades culturais, teatro etc. A modo de exemplo, no Albergue Benigno Quiroga de Portomarín Lugo, organizaranse varios turnos de unha semana de actividades náuticas de vela e piragüismo, piscina e bicicleta para nenos de 9, 10 e 11 anos por un prezo de 92 euros (incluíndo aloxamento e manuntención e as actividades)
Na oficina de Información Xuvenil da Casa da Cultura axudaremos a tramitar a solicitude para participar no sorteo das prazas do 5 de maio a quen desexe facer a solicitude. ¡¡¡Sorte!!!
Máis información en: http://xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran/quee

martes, 11 de marzo de 2008

Axudas para mercar ordenadores e as actividades da Xunta Naturalmente Galiza e Primavera activa

A Xunta de Galicia ven de convocar axudas de 300 euros para mercar ordenadores para alumnos que estean matriculados en Educación Primaria ou ESO. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25000 euros. Máis información pinchando aquí (na casa da cultura axudarémosvos a tramitar esta solicitude).
Tamén a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta acaba de convocar 2 actividades que combinan ocio e aventura. Son Naturalmente Galiza e Primavera Activa.
Naturalmente Galiza está destinado a xóvenes entre 18 e 30 anos, ten un prezo de 30 euros e inclúe aloxamento en réxime de pensión completa e as actividades de turismo activo correspondentes a esa zona. Podedes ver toda a información pinchando aquí
Primavera Activa está destinada a xóvenes entre 18 e 35 anos e consiste en pasar un fin de semana nalgunha casa rural de Galicia (nas datas e casas que participan na promoción) participando en actividades de turismo activo. O prezo total é de 60 euros por persoa e inclúe aloxamento e manuntención, o transporte ata a actividade correspondente e a actividade (por exemplo, canoas, sendeirismo...) Tedes máis información pinchando aquí

Obradoiros de xoguetes a partir de material reciclado

Estas 2 semanas os obradoiros de xogos estanse dedicando a fabricar xoguetes a partir de material reciclado (lixo doméstico). Estanse facendo xoguetes como avións a partir de botellas de plástico, peceiras a partir de envases de iogur, televisións e radios a partir de caixas de cartón, etc.
Neste obradoiro participan nenos de 5 a 11 anos e celébrase tanto no Vicedo os luns como no Folgueiro os xoves.

lunes, 10 de marzo de 2008

lunes, 3 de marzo de 2008

programación para o mes de marzo

Xa está preparada a programación para o mes de marzo, as principais actividades son as seguintes:
-14 marzo ás 21h: Cine: Sigo como Dios. Trátase dunha comedia para tódolos públicos con Steve Carell, Morgan Freeman...
-28 Marzo das 21h ás 23:30h: 2ª edición da noite de xogos de mesa con xogos tan coñecidos como PARTY & CO, SCATTERGORIES,TABÚ, SCRABBLE, CIFRAS E LETRAS, ETC. Esta actividade está dirixida a maiores de 14 anos e queremos animarvos para participar e compartir xogos. Haberá varias mesas de xogo repartidas por idades.

Por outra banda, por falta de neve nas pistas e as altísimas temperaturas impropias desta época do ano, a viaxe a estación Valgrande-Pajares que se ía celebrar a fin de semana do 8 e 9 de marzo, queda suspendida ata novo aviso.