miércoles, 19 de diciembre de 2012

Anotacións para Xuvenlugo

O venres 21 comenzamos a anotar para Xuvenlugo (iremos o sábado 29). Este ano fletarase un autobús e poderán ir nenos e xóvenes de 3 a 18 anos e os pais. Ó anotarse hai que pagar unha fianza de 4€ que se devolve o día 29. Ah e lembrade que este ano volven a instalar a pista de xeo!!







Máis información sobre Xuvenlugo en: http://www.pazofeiras.com/pfcl/xuvenlugo1213.pdf

viernes, 14 de diciembre de 2012

Exposición de bonecas de Carmen Vizoso

Ata o vindeiro 22 de decembro están expostas na Casa da Cultura as bonecas artesanais creadas por Carme Vizoso. Unha colección de bonecas feitas a man por ela e con temática moi variada, desde traxes tradicionais ata futbolistas. Aquí podedes ver unhas fotografías da exposición

martes, 16 de octubre de 2012

Samain 2012

Dedicaremos as tardes do luns, martes e mércores a preparar as calabazas grandes para colocar polas rúas e ambientar o desfile. Xa o propio desfile será o mércores ás 19h30 saíndo da Casa da Cultura e con participación de nenos, xóvenes e adultos. Hai que lembrar que se trata da Décima edición deste desfile e que foi o pioneiro na Costa de Lugo. Ao final haberá unha pequena merenda para todos os asistentes ao desfile

jueves, 11 de octubre de 2012

Aqui están os premios do Concurso de Pesca. Caña Spinning + trofeo + premio en metálico para o gañador. Sudadera negra + trofeo + premio en metálico para o segundo. Trofeo e premio en metálico para o terceiro. Trofeo á mellor peza capturada.  Trofeo ao mellor local. Camiseta e gorra para todos os participantes.

Ainda estades a tempo de anotarvos hoxe ata as 20h na Casa da Cultura ou ata as 8h30 na propia praia de Area Grande o sábado no inicio da competición (levade DNI e licencia de pesca en vigor)




martes, 9 de octubre de 2012

Concurso de pesca

Segue aberto o prazo ata o xoves 11 ás 20h. O sorteo dos postos de pesca na praia será o sábado 13 ás 8h30 no Restaurante Area Grande. Sorte a todos e todas!
Premios en metálico + trofeo para os 3 mellores clasificados; trofeo para o mellor clasificado do municipio do Vicedo, trofeo para a mellor peza capturada, regalos sorpresa para todos os participantes, etc


lunes, 24 de septiembre de 2012

Noites de xogos de Setembro

O venres tivemos unha tarde-noite de videoconsolas bastante entretida, esperemos que nunha próxima vez o pasedes tan ben como o outro día, para mostra unhas fotos



viernes, 21 de septiembre de 2012

Concurso de Pesca

Para os aficionados a pesca deportiva dende praia, organizamos un concurso de pesca en combinada de Surf-castinf e Spinning os días 13 e 14 de Outubro na Praia de Areagrande de San Roman do Val, coa colaboración de Restaurante Area Grande, Gayma e Servicebo.

Todos aqueles interesados en participar no concurso indicamoslles que o prazo de inscripción está aberto. Para participar hai que ter a licenza de pesca en vigor, unha tasa de inscripción de 15 euros e as gañas de paricipar. 

Para mais información e inscripcions na Casa da Cultura de O Vicedo 
Teléfono de contacto 982590195 
Email concello@concellodovicedo.org


miércoles, 19 de septiembre de 2012

Noite de videoconsolas na Casa da Cultura

Este venres 21 temos unha trade-noite de videoconsolas na Casa da Cultura, animádevos a participar, se queredes podedes traer o voso xogo favorito para compartilo con todos.

Tarde de reciclaxe


A Consellería de Medio Ambiente i Ecoembes estrearon na provincia de Lugo unha campaña de concienciación cidadá en materia de reciclaxe, cunha carpa habilitada para dita cuestión o lado da Casa da cultura, os nenos e os non tan nenos pasaron unha tarde de luns entrtida de xogos, actividades e concienciación social no que concirne a reciclaxe.


martes, 18 de septiembre de 2012

Talleres de reciclaxe


A Consellería de Medio Ambiente i Ecoembes estrean na provincia de Lugo unha campaña de concienciación cidadá en materia de reciclaxe e hoxe ata iso das 19H30 están aquí no Vicedo, o lado do parque nunha carpa habilitada para dita actividade, anímate a vir


miércoles, 12 de septiembre de 2012

miércoles, 5 de septiembre de 2012

A tropa do Vicedo en San Miguel

O grupo de teatro "A tropa de O Vicedo", voltou a representar "Ya veremos mañana" no campo da festa de San Miguel, coa colaboración da Asociación de Veciños "O San Miguel", unha vez máis tiveron unha moi boa acollida polo público local


Programación cultural Setembro 2012


jueves, 30 de agosto de 2012

A Tropa do Vicedo

Debido o gran acollida da obra de teatro " Ya veremos mañana", van a facer unha segunda representación o día 1 de Setembro no Campo da Festa de Negradas, coa colaboración da Asociación de Veciños "O San Miguel" as 21H30

Fotos del descenso del Río Sor en kayak








martes, 21 de agosto de 2012

Descenso Río Sor en Kayaks

Mañá mércores 22 de agosto, dentro das actividades de ocio activo que se celebran cada mércores do verán, celebrarase o descenso do Río Sor en kayak. Trátase dun descenso dunhas 2 horas de duración, apto para todos os públicos xa que non é deportivo senón turístico e que percorre diferentes puntos de interese como a zona de Ribeiras do Sor, Creximil, a Illa fluvial de S Martín, as pontes sobre o Río Sor, o entorno da praia de Arealonga, para rematar no peirao do Vicedo.
O prezo é de 15 euros por persoa e o punto de encontro será o propio peirao do Vicedo ás 10h30, desde onde subirán en furgonetas aos participantes para iniciar o descenso nas Ribeiras do Sor. Tlf 982 59 01 95

lunes, 20 de agosto de 2012

Fotos Campeonato de Tenis de mesa

Rematou o torneo de tenis de mesa de senior e sub-20 que se veu celebrando durante 2 semanas na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo un total de 20 participantes e os vencedores foron Guillem en categoría senior (venceu a Héctor por 4-1) e Ignasi en categoría sub-20, que derrotou a Alejandro por 4-2)

jueves, 16 de agosto de 2012

Fotografías do concerto de Guillermo Tuzzio Infante

Guillermo Tuzzio Infante, neto de Ventura Infante Fernández (natural da parroquia de S. Román, no Vicedo), actuou onte mércores ás 21h na Casa da Cultura do Vicedo. Ante un numeroso público o virtuoso cubano ofreceu un repertorio do seu 5º disco (recordando a Lecuona). Un emocionado Guillermo ofreceu un fermoso concerto na terra do seu avó e recibiu unha sonora ovación por parte do público. Asistiron familiares de S.Román e foi agasallado polo Concello do Vicedo.

martes, 14 de agosto de 2012

Proxección de fotografías de especies de aves da zona

Esta tarde, a partir das 20h no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar a proxección de fotografías de especies de aves da zona comentadas por un gran aficcionado ao mundo da ornitoloxía.
Foto da visita guiada pola praia de Area Grande celebrada o 14 de agosto pola mañá

domingo, 5 de agosto de 2012

Ruta de Sendeirismo e kayaks

O próximo mércores 8 de agosto celebrarase unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks (con posibilidade de que sexa só de sendeirismo) O inicio será ás 10h no porto do Barqueiro, desde onde nos trasladarán en furgonetas ata a canteira de Cañoles,  e aí comezar a camiñar ata o porto de Bares (uns 6km).
A continuación os que o desexen regresarán camiñando ata o Barqueiro e outros embarcarán na ruta en kayaks ata o Barqueiro, costeando a fermosa costa entre Bares e o Barqueiro.
Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo.
percorrido aproximado da xornada

martes, 31 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Aquí se pode ver o track da ruta de sendeirismo que se vai percorrer mañá mércores. Hai que lembrar que o punto de encontro é o apeadeiro FEVE do Vicedo (o tren pasa ás 9h44) e desde alí irase ata a estación de "Mosende" para baixar desde alí ata a praia de Area Grande e comezar a ruta.

lunes, 23 de julio de 2012

subida do Río Sor en Kayaks

A 3ª actividade de ocio activo de natureza deste mes será unha ruta de kayaks que mañá martes ás 19h partirá do porto do Vicedo para cruzar a ría e subir un tramo do Río Sor, aproveitando a marea, e alcanzar o punto de Ribeiras do Sor. Despois os participantes regresarán ó punto de partida en furgonetas da organización. Anotacións na Casa da Cultura ata mañá antes das 15h
Fotografía da edición da semana pasada

martes, 17 de julio de 2012

Baixada do Río Sor en Kayaks

Mañá mércores ás 19h: ATARDECER NO RÍO SOR EN KAYAKS Punto de encontro: Porto do Vicedo. Desprazarémonos en furgonetas da organización ata Ribeiras do Sor para facer o Descenso do Río Sor e cruzar a ría ata o porto do Vicedo. Duración: 2 horas. Prezo: 15€. Anotacións na Casa da Cultura (982 59 01 95)

lunes, 16 de julio de 2012

Fotos festa turismo rural 2012

Cun gran ambiente e moi bo tempo celebrouse a XIV edición da Festa do turismo rural. Cun amplio programa de actividades foise desenvolvendo toda a festa comezando pola misa, abundantes pinchos nunha carpa instalada a tal efecto, carreiras de cabalos e finalmente unha verbena moi animada.

martes, 10 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo por Xove (Ruta dos Muiños)

Sairemos de Vicedo no tren das 9h44 e regresaremos tamén no tren saíndo ás 15h38 de Xove. Trátase dunha ruta duns 12 km (6 de ida e 6 de volta) para visitar unha zona de muiños restaurados na parroquia da Regueira, en Xove. 
Hai que levar roupa e calzado adecuado para camiñar por un sendeiro ao lado do río e tamén algún bocadillo e bebida. A ruta é de dificultade moi baixa. 
Punto de encontro: Apeadeiro FEVE do Vicedo ás 9h30.

martes, 19 de junio de 2012


Os dias do 18 ao 21 celebrase o curso “Retoque Fotográfico”, dentro dos cursos
multimedia organizados pola Rede CeMIT. Este microcurso de 15 horas ten como
obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a
manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a
través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática
de software libre Gimp no tratamento de imaxes. Realizase cun sistema de
videocolaboración de maneira que o profesor imparte o curso simultaneamente dende
Santiago a diversas aulas distribuídas por Galicia. O horario é de 16 a 20 horas.
Esta actividade estase celebrando na Aula Cemit da Casa da Cultura do Vicedo.



viernes, 1 de junio de 2012

Galego de cine, domingo 3 xuño na Casa da Cultura

O próximo domingo 3 de xuño ás 10h na terraza da Casa da Cultura do Vicedo haberá unha actividade da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia chamada Galego de Cine. Está dirixida a nenos de 6 a 12 anos e consiste no visionado na caravana da fotografía de curtametraxes en galego, posteriormente actividades de comprensión do visionado e elaboración de historias a través dun videomatón que posteriormente se poderá ver no canal de youtube do proxecto galego de cine. Será

lunes, 21 de mayo de 2012

Ruta de pinchos

Este pasado fin de semana foi a segunda parte da ruta de pinchos. Foron 8 os locais que participaron nesta segunda parte ofrecendo uns estupendos pinchos e con moi boa asistencia de xente.

Charla sobre emprego

Celebrouse o venres a charla-obradoiro sobre emprego onde os asistentes dos Municipios do Vicedo e Mañón puideron ver como afrontar unha entrevista de traballo, elaborar un curriculum, elaborar unha carta de presentación, etc.


martes, 8 de mayo de 2012

fotos actividades animación á lectura (actualizada)

Animación á lectura: Contacontos + animación

Hoxe celebrarase unha actividade de animación á lectura na Casa da Cultura do Vicedo. Altega presenta ás 17h30 unha actividade de animación + contacontos dirixida a nenos e nenas de Educación infantil e Primaria. 
Duración da actividade: 1 hora.