martes, 30 de octubre de 2007

Desfile de Samaín

Mañá mércores 31 de outubro terá lugar a quinta edición do Desfile de Samaín. A saída será desde a Casa do Mar do Vicedo aproximadamente ás 20h e regresarase ó mesmo lugar pasando polas rúas Luciano Pérez, Cidade de Lugo, Cidade de Mondoñedo, Francisco Vilasuso, Rúa do Porto e Vías y Obras.
Participarán con calabazas iluminadas nenos e maiores que xa estiveron nos obradoiros que se celebraron desde a semana pasada no Vicedo e esta semana no Folgueiro (onde se prepararon os traxes, calabazas, cancións...) Ademais, a Agrupación de Protección Civil colaborou na preparación dunha calabaza xigante coa que tamén desfilarán.
Animamos a xente de toda a Mariña a que se achegue a presenciar este tétrico desfile que rematará cun pequeno magosto na Casa do mar.

Organiza: APA de O Vicedo e colabora o Concello do Vicedo.

Para máis información sobre o Samaín:
http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain

miércoles, 24 de octubre de 2007

Inicio das actividades do Samaín

O mércores 24 de outubro comezarán na Casa do Mar do Vicedo os preparativos do gran desfile de Samaín que se celebrará polas ruas do Vicedo a tarde do 31 de outubro.
Estes obradoiros consistirán na preparación dos traxes e calabazas que se lucirán neste desfile así como preparación de cantigas. Durante toda a semana entre as 16h e as 20h xente de tódalas idades irá pasando pola Casa do Mar para preparar os seus respectivos traxes e tamén na semana próxima se prepararán na Escola Unitaria do Folgueiro para desfilar finalmente todos xuntos a noite do Samaín. Desde aquí animamos ós interesados en participar no desfile a que se acheguen algunha das tardes desde o mércores 24 ata o martes 30 a preparar a súa propia calabaza e participar na elaboración do material.

O samaín é unha festa de orixe celta onde se celebraba o cambio de estación e o ano novo. Ademais, era unha noite onde os mortos estaban na mesma dimensión que os vivos e por tanto, convivían na celebración.Cada comunidade honraba ós seus mortos e non estaba permitido o contacto con outras comunidades. Prendíanse grandes lumes para "guiar" ós mortos e nos cruces de camiños colocábanse calaveiras dos enimigos cunha vela dentro para atemorizar ós novos enimigos (posteriormente as calaveiras foron substituídas polas calabazas)

Máis información sobre o samaín:
http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain

jueves, 18 de octubre de 2007

Misión imposible 3 mañá ás 21:30h na Casa da Cultura

Mañá proxectarase gratuitamente na Casa da Cultura a película Misión imposible 3. Podedes ver aquí un pequeno trailer da película protagonizada por Tom Cruise.

martes, 16 de octubre de 2007

O martes 23 de outubro iniciase o curso de aerobic

O vindeiro martes 23 de outubro comezará un novo curso de aerobic impartido este ano por unha nova monitora (Rocío Casás Martínez). O horario finalmente será os martes e xoves de 20:30h a 21:30h e terá un coste de 15 euros ó mes.
A este curso asistirán alumnas de tódalas idades así que se hai máis interesadas poden anotarse na Casa de cultura ou chamar ó 982 59 01 95.

jueves, 11 de octubre de 2007

Nova ubicación da colección dos bolechas na Biblioteca do Vicedo

Todos os exemplares da colección dos Bolechas que hai na biblioteca foron colocados nun lugar máis accesible e destacado para os nenos que son moi fieis seguidores desta colección. Animamos ós pais e nais a que acudan á biblioteca cos nenos para compartir as historias destes personaxes tan de moda en toda Galicia. Entre os títulos máis prestados atópanse Os Bolechas no Festival de Ortigueira, e as series Os Bolechas van de viaxe a... e Os Bolechas descubren a natureza.










Imaxes da situación da colección dos Bolechas na Biblioteca do Vicedo.

jueves, 4 de octubre de 2007

Programación cultural outubro

Xa está preparada a programación para este mes de outubro.

-Aerobic: Inicio do curso impartido por unha nova monitora. Haberá unha primeira reunión o luns 15 ás 20:30h para establecer os días e horas de realización. O prezo será de 15 euros ó mes.

-Cine: Misión Imposible 3. Venres 19 ás 21:30h na Casa da Cultura.

-5º Desfile de Samaín. Mércores 31 de outubro ás 19:30h. Un ano máis o exitoso desfile de Samaín celebrarase polas rúas do núcleo do Vicedo. Será con saída e regreso á casa do mar e ó final repartiranse castañas asadas para tódolos asistentes.
Durante a semana previa haberá un obradoiro de preparación de traxes e calabazas na Casa do mar onde invitamos a pais e nenos a colaborar na preparación do desfile.

Ó longo do mes iremos dando información máis completa sobre cada unha destas actividades neste mesmo blog.

miércoles, 3 de octubre de 2007

Inicio de aerobic

O luns 15 de outubro ás 20:30h terá lugar a reunión de inicio do xa tradicional curso de aerobic dirixido a tódalas idades. Nesa reunión estableceranse os horarios e os 2 días á semana de realización do mesmo.
Como novidade destacaríamos que este ano será unha nova monitora a que impartirá o curso. O prezo será de 15 euros ó mes e está previsto comezar xa durante esa mesma semana. Máis información e inscrición na Casa de Cultura.