miércoles, 30 de abril de 2008

Incorporadas as coleccións Érase una vez ... el hombre, Érase una vez... el cuerpo humano e Érase una vez...el hombre

Acaban de incorporarse á biblioteca do Vicedo as coleccións de EDP editores: Érase una vez...el hombre, Érase una vez...el cuerpo humano e Érase una vez...los inventores.

Érase una vez... foi unha serie de televisión animada francesa de 26 episodios creada por Albert Barillé nos estudios Procidis e difundida pola cadena France 3 a partir de 1978. Trátase de material educativo ilustrado para que os pequenos descubran a orixe do home e os grandes acontecementos históricos. También participaron na realización desta serie Alemania, Bélxica, Canadá, España, Israel, Italia, Xapón, Noruega, Paises Baixos, Suecia e Suiza.. Ademais dos libros todas as coleccións traen DVD´s para ver os capítulos orixinais.
Estes DVD´s e os libros poden retirarse en préstamo a domicilio gratuito simplemente sendo socio da biblioteca (tamén gratuito) durante 15 días.



lunes, 28 de abril de 2008

Carmiña e Pacita ganan o campeonato de Tute 2008

Este fin de semana celebrouse unha nova edición do campeonato de Tute do Concello de O Vicedo. Finalmente participaron 12 parellas e as gañadoras foron Carmiña e Pacita que se impuxeron por 2 victorias a 0 a Roberto e Pepe. As semifinais foron Terucha.Manolo-Carmiña.Pacita (1-2) e Ermelino.Jesús-Roberto.Pepe (0-2).

viernes, 25 de abril de 2008

Partido decisivo no Folgueiro

Este fin de semana, ademais do campeonato de tute, hai unha cita no campo de Boavista, no Folgueiro para ver o partido que enfrentará ós equipos de U.D. Folgueiro e o Meira F.C.
Ámbolos dous equipos estanse xogando o ascenso de categoría para xogar o ano que ven en 2ª autonómica, ó equipo local sérvelle o empate pero haberá tensión neste decisivo encontro ó que tamén se desprazarán numerosos aficionados do Meira. Será o vindeiro domingo 27 de abril ás 5 da tarde no Campo de Boavista.
Se queres acceder ó blog da U.D. Folgueiro pincha aquí

lunes, 21 de abril de 2008

Campeonato de tute o próximo fin de semana

Este fin de semana (26 e 27 de abril entre as 15:30h e as 21:30h) celebrarase na Casa da Cultura unha nova edición do Campeonato de tute do Vicedo. A inscrición é de 20 euros por parella e poderán inscribirse nas propias instalacións da Casa da Cultura ou por teléfono (982 59 01 95) antes do venres.
Os premios serán de 75% da recadación e trofeos para os primeiros e 25% da recadación e trofeos para os segundos.

lunes, 7 de abril de 2008

Éxito da ruta de pinchos

Estes pasados fines de semana celebrouse cun gran éxito de participación a Ruta de Pinchos do Concello de O Vicedo. A participación foi moi alta tanto no primeiro fin de semana como no segundo, destacando os sábados de noite como novidade deste ano. Aquí poden ver xa os pinchos de tódolos establecementos participantes. Xa se pode votar polo mellor pincho neste mesmo blog e opinar no foro: http://ovicedo.activoforo.com/pinchos-f3/ruta-de-pinchos-no-concello-de-o-vicedo-t7.htm



miércoles, 2 de abril de 2008

programación mes de abril

I Ruta de pinchos
Será os días 5, 6, 12 e 13 de abril.
O primeiro fin de semana será nos seguintes establecementos:
Merendero los árboles (Carne en rollo con guarnición), Restaurante Area Grande (Froitos de Ría), Chiringuito de Abrela (Choco en salsa con patacas fritas), Café Bar Rogelio (Pulpo á feira), Bar Alba (Lengua estofada) e Bar Casa Dovale (Lacón, cabeza de porco e grelos).

O segundo fin de semana será nos seguintes: Restaurante Os Cruces (Delicias de mexillón), Cafetería Casa da Cultura (Cachelos recheos de grelos e torresmos), Café Bar Plaza (Caldereta de peixe), Café Bar S. Esteban (Patacas á mariñeira) e Cafetería Galatea (Xiba á plancha)
Campeonato de tute
Será os días 26 e 27 de abril entre as 15:30h e as 21h na Casa da Cultura de O Vicedo. Haberá premios para as 2 mellores parellas consistentes en 75% da recadación e trofeos para os campeóns e 25% da recadación e trofeos para os subcampeóns. A inscrición será de 20 euros por parella e farase no teléfono 982 59 01 95 ou no 655 17 01 16 ou no mail concello@concellodovicedo.org.

Cursos de informática na Casa da Cultura

O dinamizador do telecentro da Casa da Cultura de O Vicedo oferta varios cursos de informática. Hai varios pero destacaríamos o de correo electrónico (10 horas), ofimática e ofimática avanzada (follas de cálculo, procesador de textos...), contabilidade (24 horas) e comercio electrónico (25 horas)
Os cursos serán impartidos por unha empresa contratada pola Xunta de Galicia e tódolos participantes obterán un certificado acreditativo do curso.
Para información máis ampla ou inscrición nos cursos pincha aqui