lunes, 27 de abril de 2009

fotos segunda tarde noite videoconsolas e xogos

Celebrouse o pasado venres unha nova edición das tardes-noites de xogos. Foi un éxito de participación e seguro que se volverá a repetir unha vez pase o verán.

martes, 21 de abril de 2009

Xornada de videoconsolas, scalextric, subbuteo

O vindeiro venres 24 de abril celebrarase unha nova edición das tardes-noites de xogos, neste caso con videoconsolas (Xbox, PlayStation e Wii) e cos xogos Scalextric e Subbuteo. Comezaremos de 17h a 20h con estes xogos dirixidos a menores de 14 anos e continuaremos ás 21:30h para xóvenes maiores de 14 anos.
Mostramos aqui un pequeno video de como se xoga ó subbuteo, a principal novidade desta edición.

martes, 14 de abril de 2009

Inicio exposición fotográfica "Con pés no mar"

Entre o 14 e o 27 de abril está instalada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a Exposición da Xunta de Galicia "Con pés no mar". É a primeira dun total de 3 exposicións con esta temática que se instalarán na Casa da Cultura ó longo do ano. Na exposición poden verse fotografías de toda a costa galega, nesta ocasión relacionadas co marisqueo, a chegada a porto, redeiras...

viernes, 3 de abril de 2009

Acondicionamento da Ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón

Tras o temporal de xaneiro e o duro inverno, ven de rematarse a limpeza do sendeiro e repintado das marcas de sendeirismo da ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo MORGALLÓN - RÍO SOR - MORGALLÓN (PR-G 8), polo que xa pode utilizarse nestas vindeiras vacacións de semana santa.
Máis información sobre a ruta pinchando aquí