lunes, 29 de agosto de 2011

Mércores de natureza: subida do Río sor en Kayaks

O mércores 31 de agosto ás 16h30 celebrase a ultima actividade correspondente ós mércores de natureza que organizou o Concello de O Vicedo e que consistían nunha actividade de sendeirismo, kayaks ou ruta mixta das dúas actividades todos os mércores de xullo e agosto. Este ano houbo unha pequena novidade que foi a visita ornitolóxica polo Vicedo e que contou con gran participación. Hai que destacar a boa participación en todas as actividades favorecidas por unhas condicións climatolóxicas boas en xeral.
Este mércores 31 ás 16h30, ruta de kayaks desde o porto do Vicedo ata Ribeiras do Sor. O punto de encontro será o Porto do Vicedo e o prezo é de 15€ por persoa.

martes, 23 de agosto de 2011

ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO

Este mércores 24 de agosto farase a ruta da COSTA DE O VICEDO duns 14 km de percorrido e que se iniciará en S. Román para rematar no Porto de O Vicedo. Non se trata dunha ruta deportiva senón turística, tratando de mostrar varias das principais praias do municipio (Area Grande, Xilloi, Caolín, Vidreiro), zonas e instalacións pesqueiras (Porto do Vicedo, antigua fábrica de salazón, zonas de pesca de caña, etc), a Illa Coelleira desde o punto costeiro máis cercano a ela, etc.
O punto de encontro será o apeadeiro de FEVE do Vicedo desde onde sairá o tren ás 9h43 ata a estación de S. Román. Desde alí emprenderase a ruta guiada ata O Vicedo. Hai posibilidade tamén dun segundo punto de encontro que será a praia de Area Grande as 10h15.
A ruta é gratuita e durará unhas 4 horas. Anotacións no tlf 982 59 01 95

fotos obradoiro de difusión das conservas

lunes, 22 de agosto de 2011

obradoiro de fomento do consumo de conservas de peixe entre os nenos

MARTES 23 AGOSTO DE 11H A 13H NA CASA DA CULTURA DO VICEDO: OBRADOIRO PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA (OBRADOIRO DE FOMENTO DE CONSUMO DE CONSERVAS DE PEIXE ENTRE OS NENOS.
-Obradoiros dirixidos a menores de 5 a 16 anos onde dunha forma divertida, explícaselles ás nenas e nenos a importancia dos produtos do mar nunha dieta equilibrada.
-Mergullaranse na aventura “Do mar á lata, e da lata aoteu bocata”, onde experimentarán o labor dos mariñeiros,coñecerán o proceso dunha fábrica conserveira, aprenderán a clasificar os peixes e mariscos propios da nosa comunidade, valorarán a importancia do coidado e conservación dos recursos mariños,… e prepararán oseu bocata de atún, mexillóns ou xoubas, seguindo as receitas que se incorporan ao programa: www.ponlleaspilasaoteubocata.com

Rematou o obradoiro de hip hop e bailes de salón con exhibición (fotos)

viernes, 19 de agosto de 2011

Fotografías concurso castelos area 2011

Celebrouse esta tarde o tradicional concurso cunha moi boa participación de adultos e nenos que se entregaron en facer as súas mellores figuras na praia da Abrela. Ao final houbo premios para os tres primeiros equipos clasificados das tres categorías e caramelos para todos.
Aqui podedes ver as fotos da tarde

jueves, 18 de agosto de 2011

Concurso de figuras de area e exhibición de baile moderno e hip hop

Mañá venres haberá 2 actividades socioculturais no Vicedo. En primeiro lugar, a partir das 16h na praia de Abrela, celebrarase o xa tradicional concurso de figuras de area. Haberá 3 categorías: Infantil, xuvenil e adultos e haberá premios para os 3 primeiros clasificados de cada categoría ademais de agasallos para todos.

Posteriormente, ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo, haberá unha exhibición de bailes de salón e danza moderna onde participarán os alumnos dos obradoiros de danza moderna e bailes de salón que se veñen celebrando desde finais de xullo e tamén actuarán parellas e grupos profesionais de bailes de salón.

Fotografías atardecer en Kayaks

lunes, 15 de agosto de 2011

Mércores de natureza: Este mércores kayaks, atardecer no río Sor

Este mércores 17 de agosto a partir das 19h comezará a actividade correspondente ós mércores de natureza deste verán. Nesta ocasión será unha actividade de kayaks que consistirá en pasar o atardecer polo río Sor e a Ría.
O punto de encontro será o Porto do Vicedo, desde onde os participantes serán levados en furgonetas ata Ribeiras do Sor (río arriba) para comezar alí a ruta e que rematará novamente no porto do Vicedo.
Anotacións na Casa da Cultura tlf 982 59 01 95. Prezo 15€

viernes, 12 de agosto de 2011

hoxe actuacion de Miki Nervio na Casa da Cultura

Hoxe ás 22h30 actúa MIKI NERVIO AND THE BLUESMAKERS na terraza da Casa da Cultura do Vicedo. Aqui podedes ver un vídeo dalgunha actuacíon súa.

miércoles, 10 de agosto de 2011

fotos visita ornitolóxica por Vicedo

Lembrade que esta tarde ás 20h haberá unha proxección de fotografías na Casa da Cultura con fotografías das numerosas especies de aves atopadas na zona.

martes, 9 de agosto de 2011

Este mércores: Ruta ornitolóxica por Vicedo

Dentro dos mércores de natureza, este mércores 10 correspóndelle o turno á visita ornitolóxica polo Vicedo. Trátase dunha pequena ruta guiada por un gran aficionado ó mundo da ornitoloxía e que nos mostrará diferentes especies que nos atopamos todos os días no noso entorno. A ruta comezará ás 9h00 na Casa da Cultura e é gratuita.
Ademais disto, a partir das 20h00 proxectaranse na Casa da cultura unhas fotografías do propio guía froito da súa experiencia de moitos anos observando aves pola zona.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Fotos ruta acantilados de Loiba - Barqueiro - O Vicedo

Cun fermoso día e moi boa participación celebrouse hoxe esta ruta de sendeirismo que finalmente foi de 20 km e que percorreu toda a liña de costa entre Loiba e o Vicedo.
Aquí se pode ver unha presentación rápida das fotografías da excursión, para velas con máis calidade podesdes pinchar nelas e abrirase un visor de fotografías.