domingo, 30 de diciembre de 2007

Éxito dunha nova edición do karaoke playback de nadal

Un ano máis, nenos de todo o municipio actuaron no Karaoke playback de nadal ante un numeroso público que se puido deleitar con cancións de La quinta estación, Rebelde, Quim Barreiros...
Case ó final do festival a APA sorteou unha cesta de ameixas entre todo o público asistente.

jueves, 27 de diciembre de 2007

Fotos da viaxe a Lugolandia

Un ano máis, máis de 80 persoas nos desprazamos a Lugo para disfrutar das atraccións situadas no recinto ferial de Lugo. A xornada foi moi divertida e os nenos e maiores xa esperan a edición do 2008.










viernes, 21 de diciembre de 2007

Papa Noel visitou o PAI de O Vicedo

O venres 22 de decembro Papá Noel visitou o PAI de O Vicedo onde agasallou ós nenos con regalos para celebrar estas festas de nadal. A continuación os nenos disfrutaron dos xoguetes.


jueves, 20 de diciembre de 2007

Entregados premios do concurso postais de nadal

Esta tarde entregáronse os premios do concurso de postais de nadal para nenos entre 6 e 11 anos. Os premios foron os seguintes:

-Categoría Infantil (6, 7 e 8 anos): 3º premio: Ainhoa (8 anos), 2º premio: Chus (6 anos), 1º premio: Lara (8 anos)

-Categoría xuvenil (9- 12 anos): 3º premio: María Mercedes (11 anos), 2º premio: Andrea (9 anos), 1º premio: Silvia (10 anos)

Hoxe entrega de premios do Concurso de postais de nadal, mañá Papa Noel Visita o PAI

Hoxe ás 17:15h entregaranse os premios ós gañadores do concurso de postais de nadal. Hai un total de 25 participantes entre 6 e 11 anos. Haberá 3 premios por categoría e uns pequenos agasallos para todos.
Por outra banda, mañá ás 11h Papa Noel visitará o PAI de O Vicedo. Seguro que traerá agasallos para tódolos nenos entre 0 e 3 anos que acuden diariamente ó PAI. Mañá colgaranse neste blog varias fotos destes dous actos.

jueves, 13 de diciembre de 2007

O próximo xoves entregaranse os premios do concurso de postais de nadal

O xoves día 20 ás 17:15h entregaranse os premios para as mellores postais de nadal 2007. Os participantes nos obradoiros de actividades están en plena elaboración das súas postais que serán puntuadas polos monitores socioculturais do Concello de O Vicedo. Entregaranse 3 premios por categoría e haberá agasallos para tódolos participantes.


martes, 11 de diciembre de 2007

Blog de emprego do Concello de O Vicedo

Xa se pode visitar o blog da Técnico Local de Emprego (http://empregovicedo.blogspot.com/) que traballa na planta da Casa da Cultura. Alí poderase atopar información sobre ofertas de emprego na comarca, axudas que vaia publicando a Consellería de Traballo tanto para traballadores como para autónomos, etc.
Ademais, tamén todas as axudas de vivenda serán publicadas alí. A Técnico Local de Emprego resolverá calquera dúbida sobre estes temas en horario de luns a venres de 8:30 a 15h e os luns e martes tamén polas tardes.
Pincha aquí para visitar o blog da Técnico local de emprego, tamén hai un enlace directo desde a lista de vínculos deste blog da Casa da Cultura.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Programación para o mes de decembro

-Concurso de postais de nadal.
Celebrarase durante os obradoiros de xogos dos luns no Vicedo e os xoves no Folgueiro, a Entrega de premois será o xoves 20 de decembro ás 17:15h na Casa da Cultura.

-Viaxe a Lugolandia
Un ano máis, o sábado 22 de decembro desprazarémonos a Lugo participar en Lugolandia, trátase dunhas atraccións que se instalan no Recinto Ferial de Lugo (recinto climatizado) e onde un dos pavillóns se dedica a atraccións de feira gratuitas (tren da bruxa, saltamontes, scalextric, coches eléctricos...) e o outro acolle as atraccións máis solicitadas: A pista de xeo (que ten un coste de 3 euros por media hora) e o circuito de karts (que costará 3 euros).
Partiremos do vicedo ás 14:30h e os interesados deben anotarse antes do 19 de decembro. As idades dos participantes deben estar entre os 3 e os 17 anos e os menores de 5 anos deben ir acompañados por polo menos un dos pais.
A viaxe e a entrada no recinto é gratuita. No interior do recinto hai tamén cafetería, postos de chucherías, protección civil, etc.

-Playback-Karaoke de nadal
Será o sábado 29 de decembro ás 19h na Casa da Cultura. A inscrición para cantar debe realizarse antes do 21 de decembro e os ensaios serán entre o 26 e 29 de decembro. As entradas serán de 2 euros para os adultos e 1 euro para os menores de idade. Colabora a APA do Vicedo.

Bebo adxudicouse o Torneo de tenis Concello de O Vicedo

Finalmente o xogador focense Bebo gañou a Pachi nunha disputada final o Torneo de Tenis Concello de O Vicedo. Nun igualadísimo partido, Bebo venceu por 4-6, 7-5, 5-2. O sábado celebráronse as semifinais con partidos dun alto nivel de tenis. Os resultados foron: Pachi-Chucho: 5-7, 7-5, 7-5 e Bebo-Joaquín: 6-1, 6-4. Hai que destacar que este ano o nivel de tenis foi moi alto, participando os mellores tenistas da comarca da Mariña e Ortegal.