sábado, 31 de mayo de 2008

Actuación do grupo de gaitas da APA de O Vicedo

Mañá domingo 1 de xuño ás 20h o grupo de gaitas da ANPA de O Vicedo actuará no salón de actos da Casa da Cultura. Este curso vense celebrando desde o pasado mes de outubro e neste concerto veranse os resultados de dito curso.

lunes, 26 de mayo de 2008

proxección de fotos antigas e posta en marcha da nova galería de fotos antigas na web do concello

O vindeiro venres 30 de maio ás 20:30h proxectaranse no salón de actos da Casa da Cultura moitas das fotos antigas que se van a incorporar á web oficial do Concello de O Vicedo: www.concellodovicedo.org no apartado galería de fotografías antigas.
Neste acto vanse proxectar en pantalla xigante fotos antigas de paisaxes de todo o municipio, de oficios, de festas, etc. e asistirá xente que aparece nesas fotos e que fará comentarios interesantes sobre as mesmas. Ademais, tamén se farán algunhas comparativas de paisaxes antigos e modernos.
Invitamos a nenos, xóvenes e maiores a asistir a esta proxección e coñecer parte da historia e a etnografía do seu municipio.

Antigo campo de fútbol do porto do Vicedo

martes, 20 de mayo de 2008

Recollida do lixo na praia do Vidreiro

Os nenas e nenas do Vicedo acudiron onte á recollida e limpeza da praia do Vidreiro, como unha actividade máis dentro do "Obradoiro de Educación Ambiental".
Provistos con cadanseus guantes e bolsa procedeuse á recollida de todo tipo de materiais: dende un neumático ata unha zapatilla de deporte.
Admirados polo seu achago voltaron aos seus fogares tras unha sesión de xogos. Os nenos/as gozaron coa actividade e incluso os máis arriscados non puideron resistirse a mergullar os pés no mar.
Esta tarefa enmárcase dentro das actividades de difusión medioambiental relacionadas coa campaña "Bandeira Azul".

jueves, 15 de mayo de 2008

Nota sobre as fotografías antigas

Para completar a galería de fotos antigas que se actualizará o vindeiro mes na páxina oficial do Concello do Vicedo, faise un chamamento a persoas que poidan ter fotografías de máis de 25 anos de antigüidade de todo o municipio que onde aparezan festas e romerías, oficios, equipos deportivos, paisaxes etc a que as presten durante 1 só día na Casa da Cultura para que as poidamos escanear e catalogar.

Todas as fotos aparecerán nesa nova galería. Ademais segue funcionando os obradoiros de escaneado e tratamento de imaxes no Telecentro da Casa da Cultura onde os participantes poden aprender a forma de escanear unha foto, poñerlles comentarios...

Lémbrase que o venres 30 de maio ás 21h proxectaranse no salón de actos da Casa da Cultura a maioría das fotos obtidas durante todo este mes tanto como préstamo como as dos participantes nos obradoiros. Ademais faranse comentarios sobre as fotos, comparativas coas paisaxes actuais...

lunes, 5 de mayo de 2008

programación maio 2008

-Cine: Ocean's 13. Esta película protagonizada por Brad Pitt, Matt Damon e George Clooney, será proxectada o venres 9 ás 21:30h con entrada gratuita.

-Obradoiro de fotos antigas e acto de presentación. Trátase dun obradoiro para uso eo escáner para dixitalización e recollida de fotografías antigas que se vai celebrar os días 5, 7, 19 e 21 de maio polas tardes no telecentro de O Vicedo. O día 30 de maio ás 9 da noite celebrarase un acto de presentación das fotografías recollidas con fotos comparativas coa época actual, explicacións de xente e lugares que saen nas fotos, etc.

-Concerto grupo gaitas APA O Vicedo. Os alumnos do curso de gaita que ven organizando a APA do Vicedo durante todo o curso ofrecerán un concerto o sábado 24 de maio ás 20:30h no salón de actos da Casa da Cultura.