jueves, 24 de junio de 2010

Aberta a exposicion de pintura de alumnos do curso de pintura da APA

Desde este pasado martes está aberta a exposición de cadros feitos por alumnos do curso de pintura organizado pola APA do Vicedo.
Horario: De luns a venres de 10h00 a 14h00 e de 19h00 a 21h00

viernes, 18 de junio de 2010

Mañá sabado partido solteiros casados e solteiras casadas

Ainda que non o organiza a Casa da Cultura, mañá sábado e domingo son as festas en honor á Virxe do Carme. Haberá a tradicional procesión marítima o domingo á mañá, as verbenas, etc. Pero ademais, por segundo ano consecutivo, un grupo de veciños organiza o partido de futbol sala solteiros-casados e solteiras-casadas. Será o sábado ás 19h no polideportivo. Animádevos a participar!!!

jueves, 17 de junio de 2010

Segundo dia de limpeza

Nesta ocasión os nenos das parroquias de Suegos, Mosende e San Román desprazáronse á praia de Abrela para ver como estaba a praia. Apareceron bastantes residuos e despois aprenderon a colocalos no contenedor adecuado. Para rematar recibiron agasallos sobre o reciclaxe.

martes, 15 de junio de 2010

Primeiro dia de recollida de lixo nas praias e obradoiro de reciclaxe

Hoxe martes celebrouse a primeira das actividades de recollida de lixo nas praias, comezouse na praia de Xilloi coa recollida de gran cantidade de lixo traído polo mar. Os nenos aprenderon a separar correctamente os distintos tipos de lixo e ó final entregouselles camisetas e diversos obxectos.
A Actividade continuará o xoves na praia de Abrela para os nenos das parroquias de San Román, Suegos e Mosende

lunes, 14 de junio de 2010

Gran asistencia de público para ver o Mago Marttyn

O pasado venres o mago Marttyn actuou na Casa da Cultura do Vicedo e deleitou a nenos e adultos. O próximo mes de xullo haberá outra actuación de maxia, neste caso será o MAGO DANI.

miércoles, 9 de junio de 2010

Actuación do MAGO MARTTYN

O próximo venres 11 de xuño ás 21:30h e con entrada gratuita actuará na Casa da Cultura o Mago Marrtyn. Ofrecerá o espectáculo ILUSIONARTE. Trátase dun espectáculo cunha duración aproximadamente unha hora e dirixido a un público familiar, con maxia para todos os gustos.
Visita a súa web pinchando aquí

lunes, 7 de junio de 2010

O martes 8 de xuño en Xilloi e o mércores 9 de xuño na Abrela o Concello de O Vicedo, dentro das súas actividades de difusión ambiental, organiza unhas xornadas para nenos de Educación Primaria onde se fará unha recollida de lixo que o mar foi traendo ás praias de Xilloi e Abrela. Ademais, farase un tratamento selectivo deses residuos depositándoos nos colectores axeitados e xogos e actividades relacionados co tema.
Será a partir das 17h na praia e están invitados todolos nenos de Primaria do Concello do Vicedo. Haberá ademais reparto de varios agasallos para tódolos participantes.