lunes, 30 de marzo de 2009

programación cultural abril

-Noites de xogos:
Venres 17 abril a partir das 21:30h. Xogos de mesa: Scrabble, Party & Co, Superpoly, Scattergories...
Venres 24 abril a partir das 21:30h: Videoconsolas: Wii, PlayStation, Xbox e xogos Scalextric, Subbuteo...
(Este venres 24 haberá unha edición infantil para nen@s de 8 a 14 anos de 17:15h a 20h)

-Exposición fotográfica: "Cos pés no mar".Do 14 ó 27 de abril.

“A exposición Cos pés no mar amosa un mar representado como vía de comunicación e de recursos máis que como un mundo descoñecido ou mesmo fronteira insorteable. Escenas plásticas de buques, descargas, subastas de peixe, redeiras...”

Máis información: www.memoriadomar.com

jueves, 26 de marzo de 2009

Proxección da película "Vicky, Cristina, Barcelona"

Mañá venres 26 de marzo ás 21:30h proxectarase na Casa da Cultura a película Vicky Cristina Barcelona dirixida por Woody Allen e protagonizada pola oscarizada Penélope Cruz, Javier Bardem e Scarlett Johansson.

miércoles, 18 de marzo de 2009

Inauguración telecentro O Vicedo

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información inaugurou hoxe un novo centro no Vicedo, ubicado na rúa Cidade de Mondoñedo, 23, O Vicedo. Ao acto, que se celebrou ás 19.00 horas, acudiron representantes de asociacións de veciños do Vicedo e outros interesados
O Centro de Dinamización da Sociedade da Información do Vicedo está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.
A Consellaría de Innovación e Industria dotou este centro cun equipamento informático conformado por 8 ordenadores, 4 cámaras web, 7 lectores de DNI electrónico, dúas impresoras (a cor e en branco e negro), un escáner, un canón proxector e unha cámara de fotos dixital.


lunes, 16 de marzo de 2009

Roberto e Casás gañan o campeonato de tute con récord de participacion

Roberto e Casás gañaron o campeonato de tute  Concello de O Vicedo, ó impoñerse na final á parella formada por Luis e Antonio. Este ano houbo un récord de participación ó anotarse un total de 18 parellas que se enfrontaron en 3 grupos de 6 parellas.
A parella gañadora levouse 270€ e trofeos e os sucampeóns levaron 90€ e trofeos.

martes, 10 de marzo de 2009

Campeonato de tute

Os días 14 e 15 de marzo de 15:30h a 21h celebrarase na sala de exposicións unha nova edición do campeonato de tute. A inscrición será de 20€ por parella (hai de prazo ata o venres ás 20h) e os premios serán os seguintes:
parella gañadora: 75% da recadación e trofeos.
parella subcampeona: 25% da recaudación e trofeos.

viernes, 6 de marzo de 2009

Novos libros para a biblioteca

Ven de facerse unha pequena adquisición de libros de lectura para a biblioteca municipal do Vicedo. Os máis destacados son os seguintes:
-El juego del Ángel, de Carlos Ruíz Zafón
-Los papeles de agua, de Antonio Gala
-El niño con el pijama de rayas, de John Boyne
-Harry Potter y el misterio del Príncipe, de J.K. Rowling
-Edición especial de Mortadelo y Filemón
-¿Por qué somos como somos? de Eduard Punset
etc
Os libros poden levarse prestados a domicilio durante 15 días e o horario é de luns a venres de 10h a 14h e de 16:30h a 20h.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Programación cultural Marzo 2009

-Campeonato de tute: 14-15 de marzo de 15:30h a 21h. A inscrición será de 20€ por parella e os premios serán os seguintes: parella gañadora: 75% da recadación e trofeos e parella subcampeona: 25% da recaudación e trofeos.
-Cine: Vicky Cristina Barcelona. Venres 27 de marzo ás 21:30h na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

lunes, 2 de marzo de 2009

Gran éxito da actividade de videoconsolas...

Este fin de semana celebrouse a actividade de videoconsolas que foi o venres  de noite para adolescentes e adultos e o sábado para menores de 14 anos. Dado o gran éxito de público decidiuse repetila no mes de maio.