miércoles, 30 de noviembre de 2011

Presentación do libro HISTORIAS DE DIOSES Y HOMBRES

O luns 5 de decembro a partir das 20h00 na Casa da Cultura do Vicedo o autor Enrique Mora Morandeira, veciño do Barqueiro e visitante habitual do noso pobo, presentará o libro HISTORIAS DE DIOSES Y HOMBRES. Estamos todos convidados á presentación onde nos falará da súa obra.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Video divulgativo da Ruta de Sendeirismo Costa de O Vicedo

Video con fotografías do percorrido e dos puntos máis destacados da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo que une o porto do Vicedo coa praia de Area Grande, na parroquia de S. Román.
Son todas fotografías feitas desde a ruta e pódense ver como puntos destacados as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro, a Illa Coelleira, mirador de Tixoso, etc.
A ruta ten 13 km e faise en aproximadamente 3 horas

martes, 8 de noviembre de 2011

Obradoiros fronte ao cambio climático: Sostendo

Mañá mércores a partir das 17h30 celebraranse na Casa da Cultura do Vicedo 2 obradoiros para tratar o tema do cambio climático. Trátase dun obradoiro infantil e outro para adultos onde se farán actividades, debates, etc, que xiran en torno a este tema. Ademais haberá unha exposición na Casa da Cultura durante toda esta quincena con información relativa ao cambio climático.
Hai posibilidade de que aqueles que o desexen se lles expida un certificado de participación nestes obradoiros.
Máis información sobre os contidos dos obradoiros pinchando aquí

Organizan: Consellería de Medio Ambiente e Concello de O Vicedo

viernes, 4 de noviembre de 2011

Teatro en O Vicedo

O grupo de teatro AXÓUXERES de Foz representará a obra FARSA Á ESCOCESA E MATRIMONIO DO SÉCULO XXI mañá sábado 5 de novembro ás 19h30 na Casa da Cultura do Vicedo. Entrada gratuita.
Son 2 obras que se uniron por ser moi curtas, a sinopse é a seguinte:
"Xulián recibe unha carta do seu tío de Escocia, un empresario adiñeirado que quere montar unha empresa aquí e estalle propoñendo ser o presidente da súa nova empresa..."