lunes, 29 de diciembre de 2008

fotografías do playback de nadal

Cunha gran afluencia de público e moita diversión por parte dos nenos participantes, celebrouse un ano mais o playback de nadal. Houbo cancións de todo tipo e actuacións moi celebradas como puido ser a dos nenos máis pequenos.


viernes, 26 de diciembre de 2008

playback de nadal

O sábado 27 de decembro ás 19h celebrarase unha nova edición do xa clásico playback de nadal. Nel nenos e nenas de todo o municipio cantarán temas en castelán e inglés combinados con grandes coreografías e moita moita diversión. Organiza a APA de O Vicedo e o Concello do Vicedo e a entrada será de 2 euros para adultos e 1 euro para menores de idade (sortearase unha cesta de marisco entre tódolos presentes).

lunes, 22 de diciembre de 2008

Papa Noel visitou o PAI de O Vicedo

Entre agasallos e algunha que outra bágoa, Papa Noel visitou as instalacións do PAI para entregar agasallos a tódolos nenos menores de 3 anos matriculados este curso 2008-2009.


miércoles, 17 de diciembre de 2008

Visita de Papa Noel ó Punto de Atención á Infancia (PAI)

O vindeiro venres 19 de decembro Papa Noel traerá agasallos para tódolos nenos que están matriculados no PAI neste curso. Será ás 11h e haberá grandes sorpresas para todos.

martes, 16 de diciembre de 2008

programación nadal 2008-2009

As principais actividades previstas para este nadal son:
- Visita de Papá Noel ó Punto de Atención á Infancia: Será o día 23 de decembro ás 11h e os nenos que están matriculados no PAI recibirán agasallos por parte dun Papa Noel moi especial.
- Playback de nadal: O sábado 27 de decembro ás 19h os nenos que o desexen poden participar no xa tradicional playback de nadal. A entrada costará 2 euros para os adultos e 1 euro para os nenos que non participen no festival. Coa entrada participarase no sorteo dunha cesta.
- Viaxe a Lugolandia: Será o sábado 3 de decembro e será gratuito. O Concello de O Vicedo fletará dous autobuses para todos aqueles pais que queiran acompañar ós nenos a este parque de atraccións instalado en Lugo. Poderán ir nenos entre 3 e 17 anos (os nenos menores de 6 anos deben ir obrigatoriamente acompañados por, cando menos, un dos pais ou avós. A inscrición hai que facela antes do 30 de decembro ás 20h.
Se hai algunha actividade máis será inmediatemente incorporada a este blog. Bo nadal!!!

martes, 9 de diciembre de 2008

Quelle ganou o X torneo de tenis do Vicedo

José Antonio Quelle ganou a décima edición do Torneo de tenis Concello de O Vicedo tras impoñerse a Pachi por un apretado 1-6, 7-6, 6-4. Previamente, o día anterior, Quelle gañara en semifinais a Jacinto por 6-4, 6-4 e Pachi a Celso Maciñeira por 1-6, 6-3, 6-4. Houbo trofeos para os dous primeiros clasificados.



jueves, 4 de diciembre de 2008

Aberta a nova aula de dinamización

Desde o día 3 de decembro está aberta a nova aula de dinamización da Casa da Cultura. Está nas antigas instalacións do cuartel da Garda Civil e conta con 6 ordenadores de acceso público. Nesa aula desenvolveranse cursos de informática e tamén está dispoñible para acceso de público en xeral. Abre tódalas tardes da semana de 16h a 21h e as mañás dos luns, mércores e venres de 11h a 15h. Máis información aquí

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Este fin de semana: semifinais e final de tenis

O sábado 6 e o domingo 7 de decembro pola tarde celebraranse as semifinais e final da décima edición do torneo de tenis Concello de O Vicedo. O pasado fin de semana celebrouse a primeira fase e este fin de semana terán lugar as semifinais entre Quelle e Jacinto (16h) e entre Celso e Pachi (17:30h). Xa o domingo será a final a partir das 17h. Haberá trofeos para os dous primeiros clasificados.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Programación cultural decembro

-Ximnasia de mantemento co método pilates: martes e xoves de 19:30h a 20:30h. 15€/mes. Inicio: martes 2 decembro.
-Final do campeonato de tenis: Domingo 7 decembro ás 17:30h.
-Playback de nadal: Sábado 27 decembro. 19h. Adultos 2€, menores 1€. Ensaios durante a semana anterior na Casa da Cultura.
Breves:
-Montarase un gran belén na Casa da Cultura a partir do 10 de decembro.
-A viaxe a Lugolandia está prevista para o sábado 3 de xaneiro de 2009.