lunes, 23 de agosto de 2010

Mércores de natureza: Esta semana: Ruta de sendeirismo MORGALLÓN - RÍO SOR - MORGALLÓN

Finalizan as actividades de ocio activo que se celebraron todos os mércores deste verán coa ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo: MORGALLÓN-RÍO SOR-MORGALLÓN (PR-G 8).
O punto de partida será en coches particulares ás 10h00 da Casa da Cultura desde onde se chegará a Morgallón para percorrer os 7,5 km de sendeirismo.
A ruta ten dificultade baixa e percorrerase nunhas 3 horas. Se queres ver unha amplia descrición da ruta pincha aquí

jueves, 19 de agosto de 2010

Concurso castelos de area

Uns 70 participantes se presentaron ó concurso de castelos de area nun día de sol espléndido na praia de Abrela.
Os premiados foron os seguintes:
Infantil: 1º: Victor, Leo e Zya (Castelo con bandeiras), 2º: Clara, Yago e Ana (Castelo), 3º: Carlos, Iván e Julia (Lagarto)
Xuvenil: 1º: Mario, Santi e Sabela (Barco), 2º: Sheila, David e Amaya (Guitarra), 3º: Andrea e Mikel (Teléfono móvil)
Adultos:1º: Pedro e Aida (O pulpo Paul), 2º: Carlota, Rocío e Consuelo (Castelo), 3º: Francisco Escourido (Castelo)


miércoles, 18 de agosto de 2010

Concurso de castelos de area na praia de Abrela

Mañá xoves 19 a partir das 16h30 celebrarase na praia de Abrela unha nova edición do concurso de castelos de area. Haberá 3 categorías: Infantil, xuvenil e adultos con premios para os 3 primeiros clasificados por categoria.
Ademais haberá caramelos para todos os que se acheguen ata a praia de Abrela.

viernes, 13 de agosto de 2010

Actuación dos Magos Marttyn e Dani

Hoxe venres 13 de agosto ás 22h00 actuarán conxuntamente os magos Dani e marttyn na Casa da cultura do Vicedo. A Entrada é gratuita e o espectáculo é apto para tódolos públicos.

martes, 10 de agosto de 2010

mércores de natureza: Visita a Foz

Dentro dos mércores de natureza (con actividades de ocio activo) que se veñen celebrando durante xullo e agosto, este mércores vai consistir nunha viaxe en tren desde O Vicedo ata Foz, visita alí pola ruta das praias de Foz e Castro de Fazouro e regreso en tren a Vicedo. O prezo será de 5€/persoa e hai que anotarse antes do martes ás 21h00 na Casa da Cultura do Vicedo ou no 982 59 01 95.

lunes, 9 de agosto de 2010

Novas incorporacions de DVD´s

Acaban de incorporarse estas coleccions de DVD que se poden levar en prestamo a domicilio igual que os libros. Só hai que ser socio da Biblioteca Municipal (carné gratuito):
Grandes hazañas bélicas
Grandes enigmas de la Humanidad

la segunda guerra mundial en color
Grandes misterios de la historia
Egipto: Últimos descubrimientos en el Valle de los Reyes


Fotos actuación Omar percussion group e gala bailes de salón

Cun gran éxito de público celebráronse este fin de semana estas dúas actividades programadas pola Casa da Cultura. Esta semana continúan as actividades coa visita a Foz en tren e a actuación dos magos Dani e Marttyn.

martes, 3 de agosto de 2010

Ruta sendeirismo-kayak Barqueiro- Bares, Bares-Barqueiro

Mañá mércores celebrarase a ruta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares (sendeirismo) e a volta entre Bares e o Barqueiro (kayaks). O Prezo é de 15 € por persoa e hai que anotarse na Casa da Cultura (982 59 01 95). Tamén hai a posibilidade de facer só sendeirismo e nese caso será gratuito.