jueves, 28 de diciembre de 2017

A Clown e malabarista Lila Star actúa no Vicedo o mércores 3 de xaneiro

Ademais das actividades previstas para o nadal como o festival de nadal previsto para o sábado e a viaxe a Xuvenlugo, a clown e malabarista Lila Star actuará o mércores 3 de xaneiro ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo. A actuación forma parte das actividades da Deputación de Lugo por toda a provincia. Entrada gratuita.

lunes, 4 de diciembre de 2017

viernes, 17 de noviembre de 2017

Lucus Ensemble en O Vicedo (11/11/2017)



Mostramos un pequeno tramo do concerto ofrecido por Lucus Ensemble no Vicedo o pasado sábado 11 de novembro de 2017. Un Concerto onde os asistentes puideron disfrutar coa calidade dos membros do grupo (case todos profesores de conservatorio ou instituto).

lunes, 23 de octubre de 2017

Samaín 2017

15 anos cumpre xa o desfile de Samaín do Vicedo. Aquí podedes ver o cartel deste ano con toda a información sobre o mesmo. Animádevos a participar tanto nos obradoiros como no propio desfile do martes 31 de outubro.

Teatro en O Vicedo

Continúan as representacións teatrais no Vicedo a través do programa Buxiganga da Deputación de Lugo. Nesta ocasión será o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, o que represente a obra: O EUROMILLÓN. Será o sábado 28 ás 20h na Casa da Cultura. Entrada Gratuita.


miércoles, 18 de octubre de 2017

Teatro infantil Xuvenil en O Vicedo

Esta fin de semana volve o teatro afeccionado do proxecto Buxiganga (da Deputación de Lugo) ao Vicedo. Concretamente, será o grupo de teatro afeccionado de Viveiro, Teatro Crea, a que represente a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?. Será o sábado 21 de outubro ás 18h na Casa da Cultura do Vicedo. A Entrada é gratuita e está dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos e adultos.

martes, 3 de octubre de 2017

Programación sociocultural outubro

Seguimos publicando neste blog os anuncios das actividades mensuais pero o día a día das actividades, a información máis inmediata poden seguila na páxina de Facebook:


jueves, 6 de julio de 2017

Festa da Festa do Cabalo 2017

Cartel da festa do Cabalo do Vicedo para o domingo 16 de xullo de 2017 onde se poderá disfrutar un ano máis da beleza do entorno do parque eólico de Riobarba e participar en diferentes actividades como a misa campestre, degustación de productos típicos, carreiras de cabalos e verbena.






miércoles, 28 de junio de 2017

programación cultural xullo 2017

Este é o cartel das actividades previstas para este próximo mes de xullo en O Vicedo. Un ano máis preténdese mostrar as riquezas naturais tanto do noso concello como da comarca cos mércores de natureza. As actividades de natureza comezarán xa o día 5 de xullo cunha actividade-presentación nas praias de Vicedo e onde os participantes poderán participar, por só 10 euros, en actividades como paddle surf e kayaks.
Hai que destacar tamén a actuación musical que repasa a historia do soul e a xa tradicional festa do turismo rural, no parque eólico de Riobarba. Finalmente ao rematar o mes chega o prato forte, a Romaxe Viquinga, que organiza o concello xunto coa ACIA do Vicedo.

lunes, 12 de junio de 2017

Romaxe Viquinga

Presentamos xa o cartel da Romaxe Viquinga que se vai celebrar os días 28 e 29 de xullo de 2017. Como novidades este ano hai que destacar o pregón na Casa da Cultura ás 19.30h a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a charla do arqueólogo Iñaki Sagredo a continuación, a ambientación e ruta de pinchos polo Vicedo xusto ao rematar a charla.

Para o día seguinte é o prato forte da festa. Comezará co desembarco e espectáculo matinal na praia de Area Grande (San Román), haberá obradoiros e demostracións durante todo o día no campamento viquingo e rematará a festa cun espectáculo musical a cargo de Milsons, tamén no acceso á propia praia de Area Grande (na explanada leste). 
Información puntual e actualizada na páxina: https://www.facebook.com/ROMAXEVIKINGA/


martes, 23 de mayo de 2017

Artigo sobre o xornal escolar O Estrobo

Compartimos un interesantísimo artigo publicado por Vicente Míguez no xornal El Progreso o pasado 19 de maio no cal repasa a historia do xornal escolar O Estrobo.

martes, 16 de mayo de 2017

Pavís Pavós encheron de contos o escenario da Casa da Cultura do Vicedo

En plena semana das Letras Galegas, os nenos e nenas do Vicedo puideron disfrutar dunha sesión de contos infantís a cargo de Pavís Pavós esta tarde na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo contos de medo, de animais, historias de sempre que atraparon a atencións dos máis pequenos. Aquí podedes ver unha pequena mostra fotográfica desta actividade






lunes, 15 de mayo de 2017

Comezamos a semana do Día das Letras Galegas cunha actividade de animación á lectura. Trátase de Pavís Pavós que traen mañá martes ás 17:30h o espectáculo de contacontos "CONTOS QUE DEIXAN PEGADA". O espectáculo está destinado a nenos e nenas maiores de 4 anos e a entrada é gratuita.

domingo, 14 de mayo de 2017

Próximas actividades culturais

As próximas actividades culturais teñen moito que ver coa proximidade do Día das Letras Galegas. O martes 16 ás 17:30h os Contacontos Pavís Pavós chegan ao Vicedo para unha sesión de contacontos  coa actividade "contos que deixan pegada". 
O venres 19 hai 2 actividades: Ás 12:30h será a presentación da Romaxe Viquinga 2017, que contará coa presencia de autoridades locais, provinciais e autonómicas, O Mago Queiman e Pousa e o arqueólogo Iñaki Sagredo.
Xa pola noite do mesmo venres haberá unha actuación musical dos vocalistas da orquesta Poceiro Miguel Torres e Luis Rey (a partir das 22:30h.
Finalmente o sábado 20 ás 18h un concerto do grupo Sons de Celeiro, que xa actuara con gran éxito no mes de novembro na propia Casa da Cultura.  Ademais, lembramos que o sábado 20 e o domingo 21 será a segunda parte da Ruta de Pinchos que se traslada nesta ocasión aos locais de San Román, Folgueiro e Abrela.

martes, 2 de mayo de 2017

Ruta de pinchos Concello de O Vicedo

Un ano máis diferentes locais hosteleiros de todo o municipio organiza a xa tradicional ruta de pinchos. Celebrarase en 2 fins de semana e o prezo de cada pincho será de 1,50 €. Este ano, da mesma forma que o ano pasado haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público. O público tamén pode saír premiado xa que entre todos os votantes sortearanse 2 vales de compra de 100 €, donado polos establecementos participantes.
As rutas son o 12 e 13 de maio no Vicedo e o 20 e 21 de maio en San Román, Folgueiro e Abrela.

Lucía Aldao e María Lado actúan no Vicedo

Esta semana presentamos unha actividade moi interesante. Temos a oportunidade de ver no Vicedo a Lucía Aldao e María Lado presentando o seu espectáculo: Con dez poemas por barba. Non perdades a oportunidade de asistir a un recital cheo de música, risas. Lembramos que o espectáculo está dirixido principalmente a maiores de idade ainda que tamén poden asistir maiores de 12 anos. Entrada gratuita

jueves, 20 de abril de 2017

Actividade de animación á lectura

O próximo mércores 26 de abril ás 17:30h comezarán as actividades de animación á lectura deste ano 2017, coorganizadas pola Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo e a Consellería de Cultura. Comezaremos cunha actividade dirixida aos máis pequenos da familia, un contacontos acompañado dunha marioneta que fará as delicias de novos e maiores. 



martes, 4 de abril de 2017

Celebración do día do libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril celebrouse o día internacional do libro infantil e xuvenil e a BPM do Vicedo uniuse á celebración durante a tarde do día 3. Concretamente celebrouse unha lectura pública de varios textos de Hans Christian Andersen, que foron seguidos moi atentamente polos nenos e nenas presentes e despois todos foron agasallados con diversos libros infantís para seguir a ler e disfrutar na casa. 



lunes, 27 de marzo de 2017

O venres 31 de marzo ás 20h proxectarase o documental UN SUEÑO COMPARTIDO, producido pola ONG Aprendices Visuales, con motivo do día mundial de concienciación social sobre o autismo. Estades todos e todas convidados a ver este fermoso documental que vos impactará

miércoles, 22 de marzo de 2017

Día internacional do libro infantil

A Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo celebra o Día Internacional do libro infantil e xuvenil (2 abril) coa participación no concurso de debuxo a nivel de Galicia "Andersen Hoxe" e coa lectura pública o luns 3 de abril ás 17:30h do escrito creado polo poeta Sergey Makhotin para celebrar ese día. O prazo para entregar os debuxos xa está aberto e remata o xoves 2 de abril. Os debuxos están divididos en 3 categorías: 1º, 2º e 3º de primaria, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. O debuxo deberá mostrar un dos personaxes dos contos de Hans Christian Andersen tal como sería a día de hoxe. Para participar hai que recoller a ficha de participación na propia biblioteca. O concurso será a nivel de toda Galicia.


viernes, 3 de marzo de 2017

Nova edición da tarde-noite de xogos de mesa

Debido ao forte temporal do 3 de febreiro non se puido disfrutar plenamente da primeira edición da noite de xogos de mesa. Agora repetimos a experiencia o venres 17 de marzo así que convidámosvos a achegarvos a xóvenes e adultos a xogar entre todos a moitos dos xogos que poñemos á vosa disposición. Comezamos ás 21h30!


martes, 31 de enero de 2017

Tarde-noite de xogos de mesa

Unha actividade que nos gusta moito organizar: Tarde-noite de xogos de mesa tanto para nen@s (tarde) como para xóvenes e adultos (noite) para estes días de inverno...

lunes, 16 de enero de 2017

Reformas no escenario da Casa da Cultura

Os alumnos e alumnas  do obradoiro de emprego Río Sor están cambiando a tarima do escenario da Casa da Cultura do Vicedo. Era unha obra moi necesaria dado o estado dunha zona do escenario e agora está instalándose unha nova tarima que dará un aspecto diferente ao teatro. Mostramos aquí algunhas fotografías das obras e informaremos cando estean rematadas as obras.