martes, 25 de octubre de 2016

O sábado 29 de outubro ás 20h: Teatro

Este sábado ás 20h volve o teatro á Casa da Cultura, será neste caso o grupo de teatro afeccionado O Bordelo que nos trae a obra XUBILANDO.
A obra é apta para todos os públicos e ten diversión asegurada xa que este grupo xa estivo varias veces representando no Vicedo e gusta moito. Entrada gratuita.


 Aquí podedes ver unha parte doutra obra representada polo Bordelo:

martes, 11 de octubre de 2016

Teatro profesional na Casa de Cultura: Lucecús teatro presenta "A ÓRBITA DO LUCECÚ"

Cartel da obra de teatro A órbita do Lucecú que se vai representar este sábado 15 de outubro ás 20h na Casa da Cultura. A Compañía profesional Lucecús Teatro presenta esta obra coa seguinte sinopse:
A vida dun Lucecú non é doada. Un insaciable apetito e unha búsqueda constante cun único obxectivo: Transformarse, mudar e deslumbrar ao sexo contrario para deixar de estar só, para atopar a alguén e fundirse con el nun chorro de luz que dará paso a unha nova vida.
Nikola Tesla dicía que as grandes ideas nacen dun impulso. Pero eses impulsos non sempre son produtivos no seu nacemento senón despois, noutro momento máis grande, e terán poder suficiente para darlle forma incluso als nosos mesmos destinos.
Empresa busca astronautas para viaxar a Marte en 2025. O primeiro podes ser ti. Calquera pode ser un extraterrestre.
Tres compañeiros de piso a piques de cambiar os seus destinos, conviven no salón da súa casa. Explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, nikola Tesla e os Lucecús.



































Tamén aquí podedes ver un video do trailer da obra:

miércoles, 5 de octubre de 2016

Programación sociocultural outubro 2016

Programación sociocultural para o mes de outubro. Destacamos o teatro tanto profesional (a cargo da compañía Lucecús) como o amateur (co famoso grupo da comarca O Bordelo). Tamén hai que destacar o tradicional desfile de Samaín; desde aquí animamos tanto a nenos e nenas como adultos a participar no desfile do dia 31. Só teñen que traer unha cabaza e unha saba grande ou camiseta branca que quede grande. Despois xa serán caracterizados e maquillados na Casa da Cultura xusto antes de saír ao desfile.