Celebrouse o mércores a xornada adicada á limpeza na praia de Abrela e o venres na praia de Vidreiro. Posteriormente procedeuse á separación do lixo nos contenedores adecuados. Participaron nenos de primaria do colexio do Vicedo que participan habitualmente nos Obradoiros de xogos.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 28 de mayo de 2009
miércoles, 27 de mayo de 2009
Concedida a bandeira azul para as praias de Xilloi e Abrela
lunes, 25 de mayo de 2009
Obradoiros de difusión medioambiental
Esta semana celebrarase a primeira parte dos obradoiros da campaña do uso responsable dos recursos naturais. Consistirá nuns obradoiros de recollida e separación de lixo polas praias de Abrela (o mércores 27 ás 17:30h) e Xilloi (o venres 29 ás 17:15h) onde se tratará de mostrar ós nenos de primaria do Colexio de O Vicedo que o lixo que se tira no mar acaba chegando á costa e contaminando as praias que habitualmente usamos. Tamén se aproveitará para concienciar ós nenos para un uso axeitado dos colectores de recollida de lixo para facer a separación correcta por tipo de lixo (plásticos, orgánicos...)
lunes, 18 de mayo de 2009
éxito da II ruta de pinchos
Rematou a Segunda ruta de pinchos do Concello de O Vicedo. Esta segunda parte percorreu os establecementos do núcleo do Vicedo onde se puido observar un moi bon ambiente e animación para disfrutar da gastronomía da zona. Finalmente, polo mal tempo, non se celebrou a pequena festa anunciada na rúa Cidade de Mondoñedo.
Podedes votar neste mesmo blog sobre o mellor pincho e opinar tanto neste post no apartado comentarios como no foro aberto pinchando aquí
Podedes votar neste mesmo blog sobre o mellor pincho e opinar tanto neste post no apartado comentarios como no foro aberto pinchando aquí
viernes, 15 de mayo de 2009
Segundo fin de semana da ruta de pinchos
O sábado 16 e o domingo 17 de maio celebrarase a segunda parte da ruta dos pinchos. Neste caso a maioría dos establecementos participantes están no núcleo de O Vicedo e está previsto tamén que se celebre unha pequena festa na rúa Cidade de Mondoñedo a partir das 23h. Pódese consultar a relación dos locais participantes máis abaixo pinchando na imaxe do cartel da ruta.
lunes, 11 de mayo de 2009
primeira xornada ruta de pinchos
Este pasado fin de semana celebrouse a primeira parte da ruta de pinchos polo Concello de O Vicedo. Tanto o sábado como o domingo houbo unha boa afluencia de participantes polos distintos bares de Abrela, Folgueiro, S. Román e Cabanas. Para este próximo fin de semana está prevista a segunda parte no núcleo do Vicedo ademais coa novidade dunha actuación musical na rúa Cidade de Mondoñedo.
martes, 5 de mayo de 2009
programación maio 2009
Este mes de maio estará marcado pola ruta de pinchos (ver cartel) e polos obradoiros de medio ambiente que consistirán nas seguintes actividades:
-obradoiro de informática: Creación de guía sobre a flora das praias do Vicedo. Venres 15 e 22 de maio ás 17h no Telecentro de O Vicedo
-Recollida de lixo nas praias e uso axeitado dos contenedores. Mércores 27 de maio na Abrela (17:30h) e Venres 29 de maio no Vidreiro (17:15h)
-obradoiro de informática: Creación de guía sobre a flora das praias do Vicedo. Venres 15 e 22 de maio ás 17h no Telecentro de O Vicedo
-Recollida de lixo nas praias e uso axeitado dos contenedores. Mércores 27 de maio na Abrela (17:30h) e Venres 29 de maio no Vidreiro (17:15h)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)