Este pasado fin de semana celebrouse a primeira parte da ruta de pinchos polo Concello de O Vicedo. Tanto o sábado como o domingo houbo unha boa afluencia de participantes polos distintos bares de Abrela, Folgueiro, S. Román e Cabanas. Para este próximo fin de semana está prevista a segunda parte no núcleo do Vicedo ademais coa novidade dunha actuación musical na rúa Cidade de Mondoñedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario