Esta semana celebrarase a primeira parte dos obradoiros da campaña do uso responsable dos recursos naturais. Consistirá nuns obradoiros de recollida e separación de lixo polas praias de Abrela (o mércores 27 ás 17:30h) e Xilloi (o venres 29 ás 17:15h) onde se tratará de mostrar ós nenos de primaria do Colexio de O Vicedo que o lixo que se tira no mar acaba chegando á costa e contaminando as praias que habitualmente usamos. Tamén se aproveitará para concienciar ós nenos para un uso axeitado dos colectores de recollida de lixo para facer a separación correcta por tipo de lixo (plásticos, orgánicos...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario