lunes, 27 de julio de 2015

Este mércores día 29 de xullo a actividade de mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks. Comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95  ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.


miércoles, 22 de julio de 2015

Fotografías da excursión á Costa de Xove

Mostramos as fotografías da ruta de sendeirismo que unhas 30 persoas realizamos esta mañá pola costa de Xove. Acompañounos o bo tempo ao longo do percorrido e puidemos disfrutar dunhas vistas fermosas de varios puntos clave como a Illa de Sarón, o Castro de Coto da Vela, a praia de Portocelo, as ruinas de San Tirso e o Faro de Roncadoira.

lunes, 13 de julio de 2015

Ruta de sendeirismo pola costa oriental do Vicedo.

Este mércores día 15 celebrarase a segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo. Neste caso trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10h desde a praia de Abrela a percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuita e o punto de encontro será a praia de Abrela.
Praia de Alecrín

lunes, 6 de julio de 2015

Comezan as actividades de natureza no Vicedo

Desde fai uns anos todos os mércores do verán véñense organizando os chamados "mércores de natureza". Trátase de actividades que tratan de resaltar a beleza natural da nosa comarca combinado con actividade física lixeira en forma de rutas de sendeirismo, rutas en kayaks ou mesmo a combinación das dúas. 
 A primeira destas actividades de natureza será este mércores e consiste na Baixada do Río Sor en kayaks, o punto de encontro será o porto do Vicedo ás 10h30 e desde alí vehículos da empresa Actividades Estaca desprazarán aos asistentes ata Ribeiras do Sor para alí meterse no río e comezar o descenso que os traerá de novo ata o Porto do Vicedo. Trátase dunha actividade dunhas 2 horas de duración en kayaks insumerxibles e moi doados de manexar polo que se convirte nunha actividade moi interesante para familias. A actividade ten un custe de 15€ por persoa e hai que anotarse no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org