viernes, 29 de noviembre de 2019

Titeres en O Vicedo

Dentro do programa Proscenio, da Deputación de Lugo e o Concello de O Vicedo, O Grupo Marionetas Trécola presenta a obra "Tolitates". Será o sábado 30 de novembro ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo. Entrada gratuita.

martes, 5 de noviembre de 2019

Teatro na Casa da Cultura o sábado 9 de novembro

TEATRO: Volve o teatro á Casa da Cultura, neste caso coa representación da obra "Hotel Desencanto", a cargo da compañía Hipócrita Teatro, de Lugo. Será o sábado 9 de novembro ás 20h. Entrada Gratuita.

viernes, 11 de octubre de 2019

Ultralimento, a cargo de Lucas Requejo, no Vicedo

Unha nova actividade de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal do Vicedo, neste caso a cargo de Lucas Requejo e os contos pola nosa saúde. Boa participación e diversión dos nenos e nenas que se achegaron á Casa da Cultura, oíron contos, compartiron historias e probaron unha bomba final de saúde en forma de superalimento.




martes, 8 de octubre de 2019

obradoiro de alimentación saudable

Nova actividade de animación á lectura. Nesta ocasión un obradoiro de alimentación saudable a cargo de Lucas Requejo, o creador de "Ultralimento". Será o xoves 10 ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo

lunes, 7 de octubre de 2019

Rematou o curso de ornitoloxía

Despois de 3 intensas xornadas, rematou o curso de turismo, educación e ocio aplicado á ornitoloxía. O curso, organizado polas OMIX de O Vicedo e Mañón, contou coa subvención da Xunta de Galicia e participaron máis de 30 persoas. Aínda que o curso en sí estaba destinado a xóvenes entre 18 e 30 anos, finalmente permitiuse a participación, como oíntes, de maiores de 30 anos. 
O curso era totalmente gratuito e incluía o préstamo de equipo de observación (telescopio e prismáticos) para os participantes entre 18 e 30 anos, así como diverso material gráfico, guías de aves etc. Durante os 3 días houbo charlas a cargo dos maiores expertos en ornitoloxía a nivel galego, visitas a distintos puntos de Vicedo e Mañón con interese ornitolóxico e, polas tardes, observación de aves desde Estaca de Bares.





lunes, 19 de agosto de 2019

Esta semana...Xeoruta polo Río Sor, Torneo de Tenis de mesa e concurso de Castelos de Area.


Esta semana ven cargada de actividades para todos os públicos. Comezamos coa xeoruta polo entorno do Río Sor, o mércores 21, a cargo do xeólogo Fran Canosa. Ao longo do val do río Sor hai agochados moitos tesouros xeolóxicos, pero en especial na contorna de Ponte Segade. Achegaremos a coñecer o lugar onde foi descuberto fai uns anos o tan codiciado “coltan” e o litio, pero tamén visitarase a falla dos Sarillos así como a fervenza de Augas Caídas. As prazas están completas pero podedes anotarvos na lista de espera no 982 59 01 95. 
Tamén o mércores 21 se vai celebrar unha nova edición do torneo de tenis de mesa, con grandes premios este ano, e para o que se poderán inscribir un máximo de 16 participantes (maiores de 14 anos). Anotacións no 982 59 01 95. 
Finalmente, o venres 23 ás 16:30h na praia de Abrela, outra actividade clásica do verán: O concurso de castelos de area, con 4 categorías (3 a 5 anos, 6 a 10 anos, 11 a 16 anos e adultos). Haberá 2 equipos premiados por cada categoría así que animámosvos a pasar unha tarde de venres moi divertida na praia de Abrela. 



lunes, 12 de agosto de 2019

Esta semana...Maxia, sendeirismo e Teatro

Esta semana...3 actividades: 
-Maxia con O Mago Teto mañá martes ás 21h na Casa da Cultura.
-Sendeirismo nocturno coa ruta entre a igrexa parroquial de O Vicedo e a zona de Moutillós en San Román o mércores 14. Punto de Encontro na igrexa de O Vicedo ás 22h. Anotacións no 982 59 01 95
-Teatro. Italytime representa "Orden y Matrimonio" e "La Cláusula" o domingo 18 ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo (haberá tamén pequenas pezas musicais en directo)


lunes, 15 de julio de 2019


Esta semana...Sendeirismo, Títeres e Festa do Turismo Rural. O mércores de natureza desta semana será unha ruta de sendeirismo que percorrerá a zona de costa entre Viveiro (Covas), praia de Abrela, Fuciño do Porco, San Román e Folgueiro. Ademáis vinculada ao uso dun transporte público como é o tren Feve.
Por outra parte, o xoves ás 21:30h haberá unha representación de títeres na terraza da Casa da Cultura, a cargo de Títeres Cachirulo.
Finalmente, o vindeiro domingo haberá unha nova edición da Festa de Turismo Rural, no parque eólico de Muronovo, e que consistirá nunha misa solemne ás 13:30h, degustación de produtos típicos, carreiras de cabalos e festa a última hora da tarde. Organiza: Concello de O Vicedo.



jueves, 9 de mayo de 2019

Actuación da Banda Infantil de Viveiro

O venres 10 de maio ás 20:30h estará no Vicedo de novo á Banda Xuvenil de Música "O Landro", de Viveiro, ofrecéndonos un repertorio musical relacionado co mundo do circo. A entrada é gratuita e moi recomendable para todos os públicos.


lunes, 6 de mayo de 2019

Fotos ruta de pinchos O Vicedo

Casa Fanego

Chiringuito da Abrela

Restaurante Area Grande

Café Bar San Esteban

Cafetería Galatea

Mesón O Remo

Chiringuito Los Árboles

La Bodeguita del Puerto

martes, 30 de abril de 2019

Presentación do Trail O Vicedo


Hoxe ás 11h presentouse na Casa da Cultura do Vicedo o Trail do Vicedo, que contará con tres categorías: Trail curto de 15 km, Trail longo de 25 km e andaina popular de 15 km. Na mesma participaron o Alcalde Presidente do Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez, persoal do Concello e integrantes de Peña Lar de Viveiro, que colabora na organización do evento.


Na presentación destacouse que a 20 días da celebración do evento está aumentando moito o número de inscritos pero aínda quedan prazas libres (por cuestión de seguridade e loxística vaise limitar a participación a 125 persoas por categoría). Tamén se destacou como punto forte do trail a beleza das paraxes onde van discurrir as distintas probas, auténtico punto forte tanto do Concello de O Vicedo, como do resto da Mariña de Lugo. Lembrouse que a proba pasará por sitios tan emblemáticos a nivel turístico e paisaxístico como Fuciño do Porco e as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro.  Coa celebración destas probas preténdese incrementar a oferta deportiva do Concello, que se une a outras actuacións como a adecuación e mantemento das rutas de sendeirismo homologadas e non homologadas actuais no Vicedo (PR-G 156 Costa de O Vicedo, Sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, Camiño natural Ruta do Cantábrico e a PR-G 8 Morgallón – Río Sor – Morgallón, que non está neste trazado pero que tamén pertence a este Concello). Por tanto, a habilitación destas rutas serve non só para acoller a sendeiristas senón para acoller probas como estas, que agradecen moito que haxa rutas xa establecidas que facilitan a creación de trazados deportivos.Por outra banda, esta proba pretende mostrar un dos puntos fortes turísticos do concello, a costa de O Vicedo, que será percorrida de leste a oeste pasando por lugares tan emblemáticos no ámbito do turismo como Fuciño do Porco, Area Grande, mirador de Coelleira, Xilloi e Caolín. Ademais, elixiuse unha data que coincide coa ponte do Día das Letras Galegas, que se pretende que facilite a participación de deportistas de toda Galicia, que non só veñan a competir, senón que pasen tamén algún día máis visitando a zona.




miércoles, 3 de abril de 2019

Celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil nas Bibliotecas do Vicedo (Municipal e escolar)


Este ano fixemos unha actividade conxunta entre a Biblioteca Pública Municipal do Vicedo e a Biblioteca Escolar do CEIP do Vicedo. Pola mañá, no colexio, fíxose unha lectura por grupos onde os nenos maiores lían libros aos pequeniños e estes contaban a súa versión do que podían observar en certos libros. Ao final fíxose unha foto de grupo onde os nenos portaban unha mensaxe.
Pola tarde, na biblioteca municipal, fíxose unha lectura conxunta entre nenos e adultos cunha selección de varios libros infantís e xuvenís que tocaban unha temática similar: A natureza.







jueves, 28 de marzo de 2019

Celebración do día do libro infantil nas Bibliotecas do Vicedo

O vindeiro martes 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil, para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Este ano a Biblioteca Pública Municipal do Vicedo e a Biblioteca Escolar do CEIP do Vicedo únense para celebrar este día organizando dúas actividades conxuntas. En primeiro lugar, ás 14h, na Biblioteca do CEIP do Vicedo celebrarase este día coa lectura da mensaxe que se lerá en todo o mundo, escrita por Kestutis Kasparavicius (da sección da IBBY de Lituania), despois haberá unhas lecturas infantís por grupos onde os grandes lerán contos aos pequenos e os pequenos contarán o que pasa nos contos. Pola tarde, ás 16:30h, xa na Biblioteca Pública Municipal do Vicedo, haberá lectura conxunta de libros infantís de diferentes niveis, adaptados a todas as idades, e nos que se convida tamén aos pais e nais do alumnado a participar e lerlles textos aos participantes. Nas dúas actividades participará o persoal das dúas bibliotecas, que se unen para esta importante celebración internacional.