miércoles, 27 de octubre de 2010

fotos inicio obradoiros de samain

Fotos dos obradoiros que se celebraron hoxe pola tarde e que continuaran as tardes do xoves e venres na Casa da Cultura. Ademais desto, hai obradoiros de manualidades con motivos do Samain para os mais pequenos na biblioteca os mesmos dias e as mesmas horas.

lunes, 25 de octubre de 2010

Esta semana: Teatro e desfile de Samaín

Esta semana haberá bastante actividade sociocultural no Concello. Durante o mércores comezarán os obradoiros de preparación do desfile de samaín que se celebrará o domingo. Será todolos días a partir das 17h no sótano da Casa da Cultura e pode participar todo aquel que queira. Tamén haberá obradoiros para nenos a partir de 3 anos con temas que xiran en torno ó Samaín.

Por outra banda, o sábado 30 a partir das 19h30 volve o teatro á Casa da Cultura. Será a Compañía da Biblioteca de Antas de Ulla que representará a obra CRÓNICAS DAQUELA ESCOLA. A obra é de grande interese porque trata de reflexar como era a escola na época franquista.

Para rematar o domingo será o desfile de Samaín. Comezará ás 19h30 partindo da Casa de Cultura e percorrerá as principais rúas do Vicedo. Poden participar nenos e adultos aínda que non acudiran ós obradoiros semanais sempre que traigan algún atuendo branco e unha calabaza xa rematada e con luz. Ó final haberá castañas para tódolos participantes.

viernes, 15 de octubre de 2010

Obras de remodelación do parque do porto

Están instalándose novas pezas e acondicionando o parque infantil xa existente no porto desde hai moitos anos e así cumprir a normativa en materia de parques infantís.

lunes, 4 de octubre de 2010

Actividades para outubro 2010

As principais actividades previstas para este mes de outubro son:

-Sábado 30 outubro ás 1930h: Teatro: O grupo da BPM Antas de Ulla presenta CRÓNICAS DAQUELA ESCOLA, baseada nas autoritarias escolas franquistas.
-Domingo 31 outubro ás 10h30: DESFILE DE SAMAÍN. Percorrerá como sempre as principais rúas do Vicedo a xente ataviada con traxes e cabazas iluminadas. Durante toda a semana haberá obradoiros na Casa da Cultura onde adultos e nenos prepararán as cabazas, os traxes, cancións, etc. Ó desfile pode achegarse calquera persoa que queira e que apareza ataviada con saba branca, rostro pintado, e una cabaza iluminada.
-Inicio de aerobic e pilates, o martes 5 de outubro comezará de 19h30 a 20h30 o pilates e de 20h30 a 21h30 o aerobic. Será os martes e xoves e poden incorporarse novos alumnos en calquera momento do ano. O prezo é de 17€ ó mes.