lunes, 4 de octubre de 2010

Actividades para outubro 2010

As principais actividades previstas para este mes de outubro son:

-Sábado 30 outubro ás 1930h: Teatro: O grupo da BPM Antas de Ulla presenta CRÓNICAS DAQUELA ESCOLA, baseada nas autoritarias escolas franquistas.
-Domingo 31 outubro ás 10h30: DESFILE DE SAMAÍN. Percorrerá como sempre as principais rúas do Vicedo a xente ataviada con traxes e cabazas iluminadas. Durante toda a semana haberá obradoiros na Casa da Cultura onde adultos e nenos prepararán as cabazas, os traxes, cancións, etc. Ó desfile pode achegarse calquera persoa que queira e que apareza ataviada con saba branca, rostro pintado, e una cabaza iluminada.
-Inicio de aerobic e pilates, o martes 5 de outubro comezará de 19h30 a 20h30 o pilates e de 20h30 a 21h30 o aerobic. Será os martes e xoves e poden incorporarse novos alumnos en calquera momento do ano. O prezo é de 17€ ó mes.

No hay comentarios: