Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
miércoles, 19 de agosto de 2015
Fotografías das ruta de sendeirismo entre a Costa de Loiba e O Vicedo
Hoxe máis de 60 persoas disfrutamos dunha espectacular ruta duns 12 km pola Costa de Loiba, O Barqueiro e O Vicedo. Favorecidos por un soleado día de verán puidemos apreciar a beleza da costa da comarca. Trasladámonos en tren ata o apeadeiro de Loiba e, desde alí, viñemos camiñando ata O Vicedo pasando polas praias de O Carro, O Picón, Esteiro, Chamadoiro e Arealonga.
lunes, 17 de agosto de 2015
Esta semana no Vicedo: Sendeirismo e tenis de mesa
Esta semana temos previstas 2 actividades socioculturais. En primeiro lugar, dentro dos mércores de natureza, achegarémonos á coñecida Costa de Loiba para andar o camiño entre Ribeira do Carro e o Porto do Barqueiro. Trátase dunha ruta duns 10 km que percorrerá os seguintes puntos de Interese:
-Praia de Ribeira do Carro: Vese unha espectacular praia onde tradicionalmente se recolleron algas para uso industrial e alimentario.
-O Banco de Loiba: O supercoñecido banco que ofrece unha fermosa vista sobre a Ría de Ortigueira.
-Praia e lugar de Picón: Praia moi brava e lugar de Picón onde hai restos dun muiño de vento.
-Praia de Esteiro no Barqueiro, praia moi fermosa e apta para deportes como surf.
-Porto do Barqueiro: O pequeno e pintoresco porto do Barqueiro na desembocadura do Río Sor.
A ruta deste mércores está orientada para acceder a ela por transporte público, concretamente no tren de FEVE que percorre a comarca. Así, o punto de encontro será o apeadeiro de FEVE no Vicedo ás 12h45 para coller o tren das 13h. Desde alí desprazarémonos en dito tren ata o apeadeiro de Loiba para iniciar alí a marcha. Para regresar hai 2 posibilidades, tomar o tren que pasa polo Barqueiro ás 17h ou mesmo regresar a pé ata O Vicedo desde O Barqueiro.
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org
Por outra banda, entre o mércores 19 e o domingo 21 de agosto celebrarase unha nova edición do campeonato de tenis de mesa nas instalacións da Casa da Cultura do Vicedo. Hai 2 categorías, xuvenil e adultos e organizarase do seguinte xeito:
Mércores e venres a partir das 19h: Torneo xuvenil
Xoves e venres a partir das 20h: Torneo adultos
Hai premios para os 2 primeiros de cada categoría e a inscrición é de 3 €
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org
viernes, 14 de agosto de 2015
miércoles, 12 de agosto de 2015
Fotografías da ruta de sendeirismo e kayaks
Celebrouse esta mañá a ruta mixta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares. Máis de 50 persoas participaron nas dúas partes que comezaron co ascenso ata a zona da mina Sonia de Cuarzo para, a continuación, irse achegando ata a zona da Garita de Bares e ir baixando ata a Vila de Bares e, finalmente, ata o porto de Bares. Hai que destacar que para esta primeira parte de sendeirismo participaron uns 60 camiñantes.
A continuación os participantes embarcaron en kayaks para percorrer esa parte da Ría para chegar, de novo, ó porto do Barqueiro. Foi unha xornada de temperaturas moi agradables e nunhas condicións perfectas para o sendeirismo e os kayaks.
lunes, 10 de agosto de 2015
Esta semana: Sendeirismo/kayaks e karaoke
Continúan as actividades de verán esta semana con 2
actividades moi interesantes.
A actividade de mércores de natureza será unha
actividade mixta de sendeirismo e kayaks que tivo que ser aprazada polo mal
tempo o pasado 29 de xullo. Será este mércores 12 de agosto e comezaremos
percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares,
que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do
Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares.
Esta ruta percorre parte do Camiño dos Arrieiros e hai tamén varias mámoas ao
longo do percorrido. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai
desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer
o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola
praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai
posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por
persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse
no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto
de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás
10h.
miércoles, 5 de agosto de 2015
Kayaks polo Río Sor
Hoxe mércores é a excursión en kayaks remontando o Río Sor. O punto de partida é o porto de O Vicedo ás 19h e chegarase as Ribeiras do Sor, aproximadamente, ás 21h. No percorrido crúzase a Ría, pásase por debaixo das pontes para ir remontando o Río Sor, axudado polas correntes da marea. Despois pasamos moi preto da Illa de San Martín, a zona de Creximil e a chegada á area Recreativa de Ribeiras do Sor.
O prezo é de 15€ por persoa e aínda vos podedes anotar antes das 14h de hoxe no 982 59 01 95
Suscribirse a:
Entradas (Atom)