lunes, 23 de enero de 2012

Novas adquisicións para a Biblioteca Municipal

Estanse incorporando á Biblioteca novos libros en galego donados pola Xunta de Galicia. Con estas incorporacións actualízase a colección en galego para este ano nos apartados de literatura xuvenil e adultos e outros temas máis xerais.
Agora vaise proceder á compra de libros de literatura en castelán para o que se abre un pequeno prazo de 15 días para suxerencias de compra. Solicitamos que se tedes calquera tipo de petición que facer (por exemplo libros que se soen pedir nos institutos, algún título concreto, etc) nos fagades chegar a petición por mail  a concello@concellodovicedo.org identificando autor, título e editorial.
Cando remate este proceso de incorporacións de libros a Biblioteca Pública Municipal pasará ampliamente dos 7500 libros rexistrados.


viernes, 13 de enero de 2012

Hoxe obradoiro de globoflexia para nen@s de 8 a 11 anos

Esta semana, excepcionalmente, os obradoiros de actividades están sendo en días distintos ós habituais durante o resto do curso. Así hoxe será o obradoiro de globoflexia para nen@s de 8 a 11 anos (que habitualmente teñen o obradoiro de actividades os mércores). Onte participaron os grupos dos máis pequenos,  que normalmente teñen actividades o luns. A vindeira semana volverase ós días e horas habituais para estes obradoiros impartidos por persoal municipal.

jueves, 5 de enero de 2012

Último día para anotarse a Xuvenlugo

Hoxe xoves é o último día para anotarse a Xuvenlugo (antiga Lugolandia). A viaxe será o sábado 7 saíndo ás 15h do Vicedo e regresando de Lugo ás 20h. Hai que lembrar que é unha especie de miniparque de atraccións nun recinto pechado de Lugo, con calefacción e onde hai as típicas atraccións de feira como coches eléctricos, pulpo, etc, obradoiros de maquillaxe, scalextric, videoconsolas, karaoke, karts, minigolf, etc. 
A entrada e o viaxe son gratuitos e apórtaos o Concello de O Vicedo. 
Anotacións na Casa da Cultura do Vicedo
Fotografía do Xuvenlugo do ano pasado


miércoles, 4 de enero de 2012

Hoxe segunda proxección de cine: ICE AGE 3

Hoxe mércores, dentro do miniciclo de cine infantil, proxectarase a película de animación ICE AGE 3. Será a partir das 18h na sala de xogos da Casa da Cultura e espérase boa asistencia de público como na que se proxectou onte (COMO ENTRENAR A UN DRAGÓN)