viernes, 9 de diciembre de 2022

Teatro no Vicedo o sábado 10 de decembro

O sábado 10 de decembro ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo o Grupo de Teatro do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro "O Documento", dentro das actuacións da rede de teatro afeccionada da Deputación de Lugo. Trátase dunha divertida comedia dirixida principalmente a adultos a cargo deste grupo de Barreiros que está acadando gran sona coas súas obras. Entrada gratuita.




jueves, 10 de noviembre de 2022

Teatro profesional en O Vicedo o sábado 19 de novembro de 2022

A semana que ven volve o teatro á Casa da Cultura! Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo. Trátase da obra Formigas no peto. A representación será o sábado 19 de novembro ás 20h. Entrada gratuita.

En “Formigas no peto”, Ítaca Teatro afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos. Deste xeito, embárcase nunha creación colectiva cunha dramaturxia propia, realizada por Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación do protagonista, Carlos Rebolo.



viernes, 21 de octubre de 2022

XVIII Desfile de Samaín no Vicedo

Este ano podemos recuperar unha das citas socioculturais máis peculiares do Vicedo. Trátase do desfile de Samaín, que vai celebrar a súa edición número 18 xa, e que conta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer. Será o luns 31 de outubro a partir das 19:30h saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación.
Lembramos a importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sábanas ou camisetas moi longas) para que os participantes destaquen na noite, xa que as rúas estarán ás escuras durante o percorrido. Agardámosvos con moita alegría despois de 3 anos...



miércoles, 18 de mayo de 2022

Actividade de animación á lectura no Vicedo

Nesta semana de celebración das Letras Galetas, chega o turno para a narración oral. Xarope Tulú achegarase de novo ao Vicedo para ofrecer o seu contacontos Estrafalaria, onde Atenea Garcia ofrece un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente no relato. Será o xoves ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran pasar un bo rato escoitando relatos de Atenea.



jueves, 21 de abril de 2022

Música Miúda en Concerto no Vicedo

Comezan as actividades de Animación á Lectura a través da campaña da Xunta de Galicia e Concello de  O Vicedo, dentro do programa Ler Conta Moito. A primeira actuación é musical. Trátase do grupo  Música Miúda, que actuará na Casa da Cultura do Vicedo o xoves 28 de abril a partir das 17h.

Entrada libre.




lunes, 4 de abril de 2022

Estrea Curtametraxe Jakobsland o sábado 9 de abril ás 19:30h

Estreno da curtametraxe "Jakobsland". O sábado ás 19:30h estrenaremos no Vicedo a curtametraxe Jakobsland, gravada integramente na nosa comarca entre os Concellos de O Vicedo e Mañón. Lembramos que para asistir hai que anotarse no 982 59 01 95 ou por mail a omix@concellodovicedo.org



jueves, 31 de marzo de 2022

Teatro no Vicedo: O Grupo Andanzas representa "Olvida los Tambores" na Casa da Cultura do Vicedo

O grupo de teatro de Viveiro Andanzas representará a obra en castelán "Olvida los Tambores", de Ana Diosdado, o sábado ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo. A Entrada é Gratuita. Trátase dun grupo de Viveiro que xa ten representado máis obras no Vicedo e que ten como característica máis representativa que as súas obras son en castelán. 




miércoles, 23 de marzo de 2022

Actuación do Coro Sons de Celeiro na Casa da Cultura o sábado 26 de marzo

O sábado 26 de marzo ás 19:30h o Coro Sons de Celeiro actuará na Casa da Cultura do Vicedo. Trátase dunha nova actuación deste coro no Vicedo presentando cancións moi coñecidas por todos os amantes desta música. A entrada é gratuita.


 

viernes, 25 de febrero de 2022

Estrea da curtametraxe Jakobsland

Xa podemos confirmar día e hora para a presentación oficial da curtametraxe Jakobsland, que foi gravada nas nosas terras ao longo do mes de setembro de 2021 e que trata de recrear a chegada dos viquingos á nosa costa. Os Concellos de O Vicedo e Mañón van habilitar autobuses para poder desprazarse gratuitamente á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ese día e poder disfrutar todos xuntos da estrea. Para asistir debedes anotarvos no mail: omix@concellodovicedo.org ou no teléfono 982 59 01 95 (independemente de se vades ou non no autobús, hai que inscribirse)