viernes, 28 de junio de 2013

Teatro Infantil en O Vicedo



Hoxe 2 charlas sobre as conserveiras no Vicedo e Sobre fútbol femenino

Hoxe temos dous eventos importantes ás 20h30. No salón de actos charla sobre A muller e o fútbol con ponencias sobre primeiros auxilios, preparación física e reglas do xogo.
Ó mesmo tempo na sala de exposicións haberá unha pequena charla a cargo de Vicente Míguez falando da historia das conserveiras da comarca, facendo fincapé na conserveira El Cisne, situada no noso Concello.

miércoles, 26 de junio de 2013

Teatro escolar no Vicedo

O próximo sábado 29 de xuño ás 20h o grupo de teatro escolar do Colexio do Vicedo representará a obra Casa Macho. A entrada é gratuita.

Exposición fotográfica na Casa da Cultura

Desde esta semana está instalada na sala de exposicións da Casa da Cultura unha exposición fotográfica elaborada polos alumnos do Colexio de Primaria do Vicedo en relación co mundo do mar, desde a evolución das embarcacións pesqueiras ata a propia evolución dos portos pesqueiros cercanos e o traballo da muller.
Como complemento tamén haberá unha charla este venres 29 de xuño ás 20h30 onde Vicente Míguez (coordinador da actividade) nos falará da historia das conserveiras da zona.
Mostramos a continuación unha fotografía co artigo publicado no Progreso o martes 25 de xuño informando de todo esto e cunha entrevista ao propio Vicente Míguez.


viernes, 14 de junio de 2013

Festas na Honra da Virxe do Carme

Publicamos o programa das festas do Carme 2013, onde destaca pola súa tradición a procesión marítima coa Virxe do Carme e os nenos que fan primeira comunión.  Podedes ver aquí fotos doutras procesións doutros anos.








miércoles, 12 de junio de 2013

Incorporacións de novos libros á biblioteca pública do Vicedo

Acabamos de incorporar máis libros á colección da biblioteca, uns por ser solicitados polos propios lectores, outros de novidades ou infantís. Animámosvos a vir pola biblioteca e levalos prestados a domicilio por un período de 15 días renovables (non é preciso ser do municipio). Hai obras como Inferno de Dan Brown, Cincuenta sombras de Grey, El cruzado de la Reina, Gerónimo Stilton, etc

jueves, 6 de junio de 2013

Presentación do libro de Enrique Morandeira EL CRUZADO DE LA REINA

Mañá venres 7 de xuño ás 20h30 presentarase na casa da Cultura do Vicedo o libro de Enrique Mora Morandeira EL CRUZADO DE LA REINA. Asistirá o escritor afincado no limítrofe Concello de Mañón.
Neste video podedes ver unha pequena aproximación á obra.