miércoles, 26 de junio de 2013

Exposición fotográfica na Casa da Cultura

Desde esta semana está instalada na sala de exposicións da Casa da Cultura unha exposición fotográfica elaborada polos alumnos do Colexio de Primaria do Vicedo en relación co mundo do mar, desde a evolución das embarcacións pesqueiras ata a propia evolución dos portos pesqueiros cercanos e o traballo da muller.
Como complemento tamén haberá unha charla este venres 29 de xuño ás 20h30 onde Vicente Míguez (coordinador da actividade) nos falará da historia das conserveiras da zona.
Mostramos a continuación unha fotografía co artigo publicado no Progreso o martes 25 de xuño informando de todo esto e cunha entrevista ao propio Vicente Míguez.


No hay comentarios: