miércoles, 30 de abril de 2014

Hoxe mércores pola tarde terá lugar a repesca da liga de tenis de mesa co que quedará configurada a fase final do 9 de maio. Lembrarvos que esta liga ven celebrándose desde mediados de xaneiro coa participación de 12 xogadores de todas as idades, pero predominan os adultos. 

lunes, 28 de abril de 2014

Actividade de animación á lectura no Vicedo

Este venres ás 17h30 comezarán as actividades de animación é lectura coa actuación da Asociación musical musicreques que nos presentarán a obra AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES. A actividade é gratuita e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 10 anos. Ó longo do mes de maio haberá un total de 3 actividades de animación á lectura dentro do programa LER CONTA MOITO, da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo.

martes, 1 de abril de 2014

Campeonato de tute 2014

Rematou o campeonato de tute coa victoria de Lali e Chulo por 2-0. Os segundos clasificados foron Juan e Toño e os terceiros Boni e Jose Ángel. Graciñas a todos e todas por participar e noraboa ós campeóns!