Este
venres 29 as 22:00h tenos unha nova edición do noso VPT(Vicedo Poker
Tour) na edición de verán, esperamos a vosa asistencia e participación
ainda estades a tempo de apuntarvos
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 25 de agosto de 2014
Mércores 27. Descenso do Río Sor
Recordamosvos que esta semana nos nosos mercores de natureza temos un descenso do Río Sor en kayak as 18:30h
III Open de Tenis de Mesa
Xa finalizado o noso Open de Tenis de mesa,
agradecer os participantes e os espectadores por estos días de tenis de
mesa de gran nivel, emoción e compañeirismo, disputouse en duas
categorías Sub-18 e Senior, na sub-18 vivimos unha igualada final
entre Javi e Juan na que Javi se levou o gato a auga, na sección senior
tivemos un duelo entre irmans (Fran e Alberto) na que Alberto levouse o
triunfo despois de unha disputada e emocionante final sen tregua o seu
irman Fran. Non nos queda mais que agraceder unha vez mais a público e
participantes a sua asistencia e convacalos nunha próxima edición de
este Open de Tenis de mesa
miércoles, 20 de agosto de 2014
martes, 19 de agosto de 2014
Esta semana: Concurso de castelos de area en Xilloi, Campaña de reciclaxe, ruta de sendeirismo e torneo de tenis de mesa
Hoxe ás 16h en Xilloi comezan as actividades desta semana co concurso de castelos de area, con 3 categorías: infantil, xuvenil e maiores de 16 anos. Tamén hoxe no parking de Xilloi a campaña de reciclaxe de Sogama "Separemos ben, reciclaremos mellor".
Mañá mércores percorreremos a emblemática ruta de sendeirismo "Morgallón - Río Sor - Morgallón" de 9 km de lonxitude. O punto de partida será a Casa da Cultura ás 10h e desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de partida da ruta, a zona de Morgallón.
Tamén o mércores comeza o torneo de tenis de mesa con 2 categorías, Xuvenil e adultos. Inscrición 3 euros. O mércores é a primeira fase da categoría xuvenil, o xoves primeira fase da categoría de adultos e o venres as finais correspondentes.
lunes, 18 de agosto de 2014
viernes, 8 de agosto de 2014
jueves, 7 de agosto de 2014
Inauguración da exposición de Jesús Fernández Cobelo e Guillermo Carballo
Fotografías da inauguración da exposición en honor a Jesús Fernández Cobelo e a Guillermo Carballo. No acto de inauguración participaron amigos e familiares de Jesús e Guillermo, ademais de autoridades. Destaca a participación de amigos hosteleiros de Barcelona así como Manuel Cabezas, ex-alcalde de Ourense e da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro cando Jesús vendía os seus productos en Barcelona, tamén asistiu José Luis Blanco Campaña, xornalista e un dos impulsores da CRTVG. A exposición está aberta ata fin de mes na primeira planta da Casa da Cultura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)