martes, 19 de agosto de 2014

Esta semana: Concurso de castelos de area en Xilloi, Campaña de reciclaxe, ruta de sendeirismo e torneo de tenis de mesa

Hoxe ás 16h en Xilloi comezan as actividades desta semana co concurso de castelos de area, con 3 categorías: infantil, xuvenil e maiores de 16 anos. Tamén hoxe no parking de Xilloi a campaña de reciclaxe de Sogama "Separemos ben, reciclaremos mellor".
Mañá mércores percorreremos a emblemática ruta de sendeirismo "Morgallón - Río Sor - Morgallón" de 9 km de lonxitude. O punto de partida será a Casa da Cultura ás 10h e desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de partida da ruta, a zona de Morgallón.
Tamén o mércores comeza o torneo de tenis de mesa con 2 categorías, Xuvenil e adultos. Inscrición 3 euros. O mércores é a primeira fase da categoría xuvenil, o xoves primeira fase da categoría de adultos e o venres as finais correspondentes.




No hay comentarios: