viernes, 20 de diciembre de 2013

Máis detalles sobre as actividades de nadal

-23 decembro: 11h. Papá Noel visita o Punto de Atención á Infancia do Vicedo situado no multiusos da Casa da Cultura.
-26-27 decembro. 21h30. Torneo de Póker para maiores de idade. Inscrición 12 €
-26 decembro: Inicianse os ensaios para o Festival de nadal que será o sábado 4 de xaneiro, así, desde ese día 26, todos os días laborables haberá ensaios cos nenos pola mañá e pola tarde en quendas para as diferentes idades. Desta maneira, os ensaios convírtense nunha estupenda actividade para este nadal. Participan habitualmente case todos os escolares do Vicedo máis algún da ESO. Colabora a APA do Vicedo.
-28 decembro: 15h. Viaxe a Xuvenlugo. Un ano máis, o Concello de O Vicedo fleta 2 autobuses e paga as entradas de nenos e nenas de 3 a 18 anos acompañados por adultos que queiran para desprazarse a Xuvenlugo. Os autobuses saen ás 3 da tarde do Vicedo e regresan ás 20h de Lugo.
-2 e 3 xaneiro: 18h. Ciclo de cine infantil. Nesas 2 tardes, despois dos ensaios para o festival, proxectaranse 2 películas infantís por determinar.
-4 xaneiro: 19h. Festival de Nadal. Como indicamos anteriormente, haberá música infantil e xuvenil, monólogos, unha pequena mostra dos grupos de baile tradicional da APA e sorteo de agasallos por cortesía da APA do Vicedo

viernes, 22 de noviembre de 2013

Tarde de tenis de mesa

Esta tarde, como todos os venres, volveremos a celebrar a tarde de tenis de mesa co que se pretende crear un grupo de xente afeccionada a este deporte para poder chegar a organizar unha liga local. A Actividade está destinada a maiores de 15 anos e se hai un grupo de xente suficiente a última hora da tarde farase un minitorneo.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Charlas programa Activa

É necesario anotarse na OMIX  do Vicedo  porque hai que reunir un mínimo de asistentes para que se poida impartir a charla. Anotacións en OMIX@CONCELLODOVICEDO.ORG ,no facebook da Casa da Cultura ou no teléfono 982590195

miércoles, 23 de octubre de 2013

Mes da Maxia ...con 2 actuacións no Vicedo

Comezou a 2ª edición do Mes da Maxia da Mariña. Consiste en asistir a unha cea nun restaurante en entre prato e prato un mago ofrece o seu espectáculo. Participan nesta segunda edición varios restaurantes da Mariña e, no Vicedo, será o 2 de novembro no Restaurante Area Grande e o 9 de novembro en La Bodeguita del Puerto. O prezo é de 25 eur por persoa para os adultos e 10 para menú infantil. Máis información en www.mesdamaxia.com

viernes, 4 de octubre de 2013

Programación sociocultural outubro 2013

Aquí está o cartel da programación de outubro co cambio importante nos días e horas do aerobic que pasa a ser os luns e mércores de 20h30 a 21h30. Tamén destaca a primeira das actuacións teatrais deste outono dentro do proxecto Buxiganga e, por suposto, a undécima edición do desfile de Samaín.

martes, 24 de septiembre de 2013

Fotos da actividade Rosalía pequeniña

Unha fermosa actividade para ir rematando o mes de setembro. Unha entrañable Uxía deleitounos cun concerto presentando o seu libro disco e mostrou unha gran empatía cos nenos e nenas e tamén cos adultos cantando cancións do disco de todos os estilos cantando poemas de Rosalía de Castro e rematou enchendo o escenario de nenos para cantar con ela.
Aquí tedes as fotos:

jueves, 19 de septiembre de 2013

ROSALÍA PEQUENIÑA



Martes 24 de Setembro na Casa da Cultura as 16h00:

A Consellería de Cultura e Educación e a Editorial Galaxia presenta un ciclo de concertos "Rosalía pequeniña", un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustración de María Seoane e máis a voz de Uxía Senlle; esta dirixido os máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes, neste disco podense escoitar cancións de ritmos dende a miuñeira, rock, baladas,blues....como di Uxía "hai moitos maneiras de interpretar e reinterpretar a Rosalía".
Agardámosvos o Martes 24 as 16h00 na Casa da Cultura de O Vicedo, non faltedes.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Noite de Xogos de Mesa na Casa da Cultura



Este venres 20 de setembro temos unha tarde noite de xogos de mesa na Casa da Cultura.
Para os mais pequenos de 7 a 14 de 18H a 20H
E para os un poco menos pequenos e adultos a partir das 22H00

martes, 10 de septiembre de 2013

Xoves de Cine



Como parte da programacion deste mes de Setembro temos a proxección do último regreso as pantallas da saga 007, máis concretamente Skyfall protagonizada por Daniel Craig e Javier Barden, unha mais da saga diran algúns para min e dende as protagonizadas por Sean Connery e o regreso o bo camiño. Xa sabedes este Xoves as 22H00

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Xoves de Cine



Este Xoves voltamos a ter cine, desta vez cun film de Scorsse. " La invención de Hugo"
En "La invención e Hugo" coñeceremos a Hugo, un neno orfo, reloxeiro e ladrón que vive entre os muros dunha axetreada estación de trens parisina. Naide sabe da súa existencia ata .............
Ata aqui poido leer, esperamosbos o Xoves 12 a partir das 22H00
 

sábado, 31 de agosto de 2013

VPT 2013



Despois de unha xornarda maratoniana xa reamatamos o VPT con unha boa aceptación polos xogadores presentes que xa nos citamos para unha nova edición e polo público asistente a dito evento.
O resultado do VPT foi o seguinte, Suso quedou en terceira posición, Manuel Maseda segundo e Alberto gañou desta vez xa que na edición anterior quedou segundo, como podenos ver a man gañadora foi unha doble parexa de K´s e 7´s.







Ponlle as pilas o teu bocata 2013

Despois do intento fallido do día anterior, poidemos celebrar esta actividade, con unha boa participación de nenos os cales se divertiron e cambiaron o seu bocata de cotio por un diferente a súa elección.







viernes, 30 de agosto de 2013

"Ponlle as pilas o teu bocata"



Confirmado: 
"Ponlle as pilas o teu bocata" hoxe a partir das 18 horas nas inmediacions da Casa da Cultura, esta actividade de fomento dunha dieta saudable e divertida, donde se dará unha pequena charla sobre alimentos saudables e un obradoiro de elaboración de bocatas saudables.
Pedimos disculpas a todos aqueles que viñeron a participar nesta actividade.Que por circustancias axenas a nos esta non se puido celebrar.


jueves, 29 de agosto de 2013

"Ponlle as pilas o teu bocata"



"Ponlle as pilas o teu bocata" a partir das 18 horas nas inmediacions da Casa da Cultura, esta actividade de fomento dunha dieta saudable e divertida, donde se dará unha pequena charla sobre alimentos saudables e un obradoiro de elaboración de bocatas saudables



Ruta de kayak 28-8-2013



Última ruta de Kayak da temporada, tiveron un gran día para a práctica deste deporte e para deleitarse co maravilloso paisaxe polo cal transcurre a ruta









lunes, 26 de agosto de 2013

Ascenso Rio Sor en Kayak



O próximo mércores 28 de agosto ás 19h terá lugar a ruta de kayaks que remontará o Río Sor partindo do peirao do Vicedo ás 19h, cruzando a Ría, pasando por O Barqueiro, Illa de San Martín e rematando nas Ribeiras do Sor. Duración aproximada: 2 horas.
Prezo: 15€ por persoa. Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo ou no teléfono 982 59 01 95



Ponlle as pilas ao teu bocata



O próximo xoves 29 de agosto temos a actividade de "Ponlle as pilas o teu bocata" a partir das 18 horas nas inmediacions da Casa da Cultura, esta actividade de fomento dunha dieta saudable e divertida, donde se dará unha pequena charla sobre alimentos saudables e un obradoiro de elaboración de bocatas saudables.