lunes, 28 de marzo de 2011

Actividades socioculturais abril 2010

-Venres 1 de abril. 17h15. Entrega de premios do concurso infantil de debuxo "Bandeira Azul"
Farase a entrega de premios ás 3 categorías (de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12) e tódolos nenos terán un agasallo por ter participado no concurso
-Sábado 16 e domingo 17 de abril de 15h30 a 21h00: Campeonato de Tute.
Inscrición 20€ por parella. Premios en metálico e trofeos.
-Xoves 28 de abril. 17h15. Teatro de marionetas: O Vello que quería ver o tren (Trécola Teatro)
Dentro da campaña LETRAS VIVAS de animación á lectura. Actividade para tódolos públicos pero preferentemente para nenos e nenas de Educación primaria.

jueves, 17 de marzo de 2011

Apertura da aula da Rede Cemit na Casa da Cultura

Desde onte mércores abre en horario de 17h00 a 21h00 a aula da Rede Cemit (antiga sala de internet) na Casa da Cultura onde se poderá asistir a cursos de informática para todalas idades. Hai moitas opcións a elexir tanto para niveis de iniciación como perfeccionamento.
A aula está equipada con 7 ordenadores e gracias ó proxecto TIC TAC tamén conta cun ordenador adaptado para calquera tipo de discapacidade. Xestionará esta aula un técnico informático.
Fotografías da aula e do ordenador do proxecto TIC TAC.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Convocados os campamentos de verán para moz@s entre 9 e 17 anos

Do 8 ó 22 de marzo aberto o prazo para solicitar prazas nos campamentos para mozos e mozas entre 9 e 17 anos. Temos impresos de solicitude na Casa da Cultura e tamén se pode facer por internet se tedes certificado dixital ou dni electrónico.
Tamén aberto o prazo nos campamentos de actividades para xóvenes entre 18 e 35 anos.
Máis info aquí

jueves, 3 de marzo de 2011

Concurso infantil de debuxo en O Vicedo

Convocase un concurso infantil de debuxo dirixido a nenos e nenas de educacion infantil e primaria, dentro dos obradoiros de actividades que se celebran todos os luns, martes e mercores no Vicedo e Folgueiro. A entrega de premios para as 3 categorias sera o venres 1 de abril as 17h15.
O tema sera o entorno natural e medio ambiente e enmarcase nas actividades de difusion ambiental para obter o galardon de bandeira azul para as praias do Vicedo. Podedes consultar as bases pinchando aqui

martes, 1 de marzo de 2011

Teatro: O Vicedo programará 3 obras de teatro afeccionado en outubro e novembro

O Concello de O Vicedo, a través do proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, programará 3 obras de teatro afeccionado nos meses de outubro e novembro. Estamos en plena fase de selección das obras e tamén hai a intención de formar un grupo de teatro afeccionado no Vicedo de cara ó próximo outono.
Unha das obras que se representaron na edición do 2010