jueves, 28 de febrero de 2013

Reapertura da Aula Cemit O Vicedo

Desde esta semana o Centro da Aula Cemit O Vicedo está aberto en horario de tarde (16h a 20h). En breve irase informando dos diferentes cursos que se van impartir e tamén está aberta xa a posibilidade de suxestións de cursos que precisedes tanto colectivos concretos como asociacións ou persoas a nivel individuais. Organizaranse charlas e cursos para todos os niveis. Podedes consultar as novidades da aula no seguinte enlace:http://cemit.xunta.es/es/centro/56

Aula Cemit O Vicedo
 

jueves, 21 de febrero de 2013

Karaoke na Casa da Cultura

A OMIX de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 22 de febreiro un karaoke con máis de 200 cancións a elexir de todos os estilos. Haberá dúas sesións, unha infantil a partir das 17h30 e outra para maiores de 16 anos e adultos a partir das 22h.
Esta actividade organízase no marco das actividades que se veñen desenvolvendo desde a OMIX todos os venres do inverno e que están dirixidas á dinamización sociocultural dos xóvenes do municipio. Exemplo doutras actividades desenvolvidas son as proxeccións de cine, noites de xogos de mesa, noites de videoconsolas, etc. A previsión para as próximas datas é de organizar máis noites de xogos de mesa, campionatos de tenis de mesa, proxección de curtametraxes, etc.
Fotografía doutra edición de karaoke

martes, 5 de febrero de 2013

Noite de Xogos e Música...


Haberá dous grandes espazos de xogo, un con mesas de ping pong (organizaranse pequenos minitorneos durante toda a noite) e outro con grandes mesas para os xogos de mesa ós que se poderá xogar individualmente ou en grupos  a xogos tan coñecidos como os que figuran na imaxe e outros como o Scrabble (no que se inspira o famoso apalabrados), cifras e letras, etc)
A Actividade diríxese principalmente a ADULTOS pero poden partiricipar tamén maiores de 16 anos.