jueves, 21 de febrero de 2013

Karaoke na Casa da Cultura

A OMIX de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 22 de febreiro un karaoke con máis de 200 cancións a elexir de todos os estilos. Haberá dúas sesións, unha infantil a partir das 17h30 e outra para maiores de 16 anos e adultos a partir das 22h.
Esta actividade organízase no marco das actividades que se veñen desenvolvendo desde a OMIX todos os venres do inverno e que están dirixidas á dinamización sociocultural dos xóvenes do municipio. Exemplo doutras actividades desenvolvidas son as proxeccións de cine, noites de xogos de mesa, noites de videoconsolas, etc. A previsión para as próximas datas é de organizar máis noites de xogos de mesa, campionatos de tenis de mesa, proxección de curtametraxes, etc.
Fotografía doutra edición de karaoke

No hay comentarios: