miércoles, 18 de mayo de 2016

María do Ceo presenta o seu novo disco no Vicedo

Este domingo 22 de maio ás 19:30h temos a oportunidade de disfrutar de María do Ceo no Vicedo. Ven presentar o seu novo disco De Portugal a Galicia. Ademais da presentación do disco, dun pequeno debate sobre a cultura galego-portuguesa, María do Ceo interpretará varias cancións deste novo disco, do que reproducimos hoxe a imaxe de portada. Entrada Gratuita.


lunes, 16 de mayo de 2016

Ruta de Pinchos Concello de O Vicedo (2ª parte)

Publicamos fotografías da segunda parte da ruta de pinchos que se celebrou esta fin de semana na zona do Vicedo. Moi bo ambiente e participación e moita calidade na presentación e sabor dos pinchos. Hoxe darase o veredicto das votacións ao mellor pincho por parte dos clientes participantes e tamén o agraciado cos 200 € en compras, donados pola ACIA O Vicedo.
Cafetería Casa da Cultura

Café Bar San Esteban

Café Bar Galatea

Merendero Los Árboles

La Bodeguita del Puerto

Mesón O Remo

lunes, 9 de mayo de 2016

Ruta de Pinchos Concello de O Vicedo (1ª parte)

Fotografías da primeira parte da Ruta de pinchos correspondentes aos restaurantes e bares participantes da zona de San Román, Folgueiro e Abrela. Hai que destacar a calidade de todos eles e a implicación dos restauradores. Lembramos que este próximo venres 13 pola noite e o sábado 14 pola noite será o turno para os bares e restaurantes do Vicedo.

Chiringuito da Abrela
Restaurante Area Grande
Restaurante Casa Fanego
Café Bar Alba