lunes, 29 de septiembre de 2014

Inicio liga de tenis de mesa e aerobic

De cara a outubro xa podemos ir adiantando que vai haber a segunda edición da liga de tenis de mesa para maiores de 15 anos e para a que está o prazo aberto. Consistirá na disputa dunha primeira volta todos contra todos e unha segunda volta onde se farán dous grupos atendendo á clasificación da primeira volta. O gañador desa segunda volta será o gañador final da liga libre. A inscrición será de 5 euros e dará dereito a participar na liga e a uns pinchos a final de liga. As xornadas da liga celebraranse os venres a partir das 19h comezando a competición xa o 17 de outubro. Podedes anotarvos no tlf 982590195 e no mail concello@concellodovicedo.org
Por outra banda, o mércores día 1 comezará a actividade de aerobic, será os luns e mércores de 20h30 a 21h30 e celebrarase na sala de exposicións da Casa da Cultura. Anotacións na propia sala calquera dos días sinalados.

martes, 16 de septiembre de 2014

Pelicula Venres 19

Venres 19 temos cine as 22h00, Star Wars VI El Retorno de Jedi

Quedada de Tenis de Mesa

Este Venres 19 quedada de Tenis de Mesa a partir das 17h00, coa inteción de falar xa cara unha nova edición da liga de tenis de mesa e votar unha tarde entre amigos practicando esta modalidade deportiva que tanto nos gusta


jueves, 4 de septiembre de 2014

Película Venres 5

Este venres 5 temos a proxección da película Prometheus, película de ciencia ficción  e terror dirixida por Ridley Scott, na que a tripulación da nave espacial Prometheus a finais do seculo XXI,que esploran unha avanzada civilización alieníxena en busca dos orixes da humanidade

lunes, 1 de septiembre de 2014

VPT Verán 2014

Finalizado o VPT de Verán 2014 con unha boa asistencia de participantes, tivemos unha partida intensa e emocionante que non se decidiu ata os últimos momentos, quedando como gañador Suso, como segundo David e terceiro clasificado Marcos, agradecendo os participantes e o publico presente o bo ambiente que tivemos e convocandovos para unha proxima edición do VPT