lunes, 23 de abril de 2012

Campeonato de tute 2012

Pepe e José Ángel gañaron a 15ª edición do Campeonato de tute Concello de O Vicedo. Enfrentáronse na final a Carmen e Paz e venceron por 2-0. Agradecer a participación e o bo ambiente entre os xogadores e animalos á próxima edición.

lunes, 16 de abril de 2012

Obradoiro de animación á lectura

Mañá martes 17 de abril ás 17h30 na Casa da Cutura do Vicedo celebrarase un obradoiro de animación á lectura organizado pola Casa da Cultura do Vicedo, trátase dun obradoiro que impartirá MARÍA LIRES e que se titula MODELANDO CONTOS. O obradoiro é gratuito e está destinado a nenos e nenas entre 5 e 10 anos. 
 Trátase dun Obradoiro de 3 horas, no que, partindo da lectura dun conto, se realizan actividades de ilustración en volumen con plastilina, con participación dos nenos.