miércoles, 23 de octubre de 2013

Mes da Maxia ...con 2 actuacións no Vicedo

Comezou a 2ª edición do Mes da Maxia da Mariña. Consiste en asistir a unha cea nun restaurante en entre prato e prato un mago ofrece o seu espectáculo. Participan nesta segunda edición varios restaurantes da Mariña e, no Vicedo, será o 2 de novembro no Restaurante Area Grande e o 9 de novembro en La Bodeguita del Puerto. O prezo é de 25 eur por persoa para os adultos e 10 para menú infantil. Máis información en www.mesdamaxia.com

viernes, 4 de octubre de 2013

Programación sociocultural outubro 2013

Aquí está o cartel da programación de outubro co cambio importante nos días e horas do aerobic que pasa a ser os luns e mércores de 20h30 a 21h30. Tamén destaca a primeira das actuacións teatrais deste outono dentro do proxecto Buxiganga e, por suposto, a undécima edición do desfile de Samaín.