lunes, 13 de julio de 2015

Ruta de sendeirismo pola costa oriental do Vicedo.

Este mércores día 15 celebrarase a segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo. Neste caso trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10h desde a praia de Abrela a percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuita e o punto de encontro será a praia de Abrela.
Praia de Alecrín

No hay comentarios: