miércoles, 18 de marzo de 2009

Inauguración telecentro O Vicedo

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información inaugurou hoxe un novo centro no Vicedo, ubicado na rúa Cidade de Mondoñedo, 23, O Vicedo. Ao acto, que se celebrou ás 19.00 horas, acudiron representantes de asociacións de veciños do Vicedo e outros interesados
O Centro de Dinamización da Sociedade da Información do Vicedo está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.
A Consellaría de Innovación e Industria dotou este centro cun equipamento informático conformado por 8 ordenadores, 4 cámaras web, 7 lectores de DNI electrónico, dúas impresoras (a cor e en branco e negro), un escáner, un canón proxector e unha cámara de fotos dixital.


No hay comentarios: