lunes, 21 de abril de 2008

Campeonato de tute o próximo fin de semana

Este fin de semana (26 e 27 de abril entre as 15:30h e as 21:30h) celebrarase na Casa da Cultura unha nova edición do Campeonato de tute do Vicedo. A inscrición é de 20 euros por parella e poderán inscribirse nas propias instalacións da Casa da Cultura ou por teléfono (982 59 01 95) antes do venres.
Os premios serán de 75% da recadación e trofeos para os primeiros e 25% da recadación e trofeos para os segundos.

2 comentarios:

boavista dijo...

ESTE DOMINGO 27 COINCIDINDO CO CAMPEONATO DE TUTE TAMÉN HAI UN EVENTO DE MOITA IMPORTANTE PARA O CLUBE DE FÚTBOL QUE REPRESENTA Ó CONCELLO NAS COMPETICIÓNS FEDERADAS, A U.D. FOLGUEIRO, QUE SE ENFRENTA AS 17 HORAS NO CAMPO DE BOAVISTA O MEIRA F.C. CO ASCENSO Á SEGUNDA REXIONAL EN XOGO. DENDE O CLUBE PEDIMOS O APOIO DE TODOLOS VECIÑOS.

Administrador dijo...

Unha lástima que coincida co tute porque iríamos encantados para alá. Como sabes, as actividades prográmanse con meses de antelación e a casualidade tivo que facer coincidir as dúas actividades. De todas formas, se algunha parella quere ir ver o partido supoño que non haberá problema.