martes, 11 de marzo de 2008

Axudas para mercar ordenadores e as actividades da Xunta Naturalmente Galiza e Primavera activa

A Xunta de Galicia ven de convocar axudas de 300 euros para mercar ordenadores para alumnos que estean matriculados en Educación Primaria ou ESO. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25000 euros. Máis información pinchando aquí (na casa da cultura axudarémosvos a tramitar esta solicitude).
Tamén a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta acaba de convocar 2 actividades que combinan ocio e aventura. Son Naturalmente Galiza e Primavera Activa.
Naturalmente Galiza está destinado a xóvenes entre 18 e 30 anos, ten un prezo de 30 euros e inclúe aloxamento en réxime de pensión completa e as actividades de turismo activo correspondentes a esa zona. Podedes ver toda a información pinchando aquí
Primavera Activa está destinada a xóvenes entre 18 e 35 anos e consiste en pasar un fin de semana nalgunha casa rural de Galicia (nas datas e casas que participan na promoción) participando en actividades de turismo activo. O prezo total é de 60 euros por persoa e inclúe aloxamento e manuntención, o transporte ata a actividade correspondente e a actividade (por exemplo, canoas, sendeirismo...) Tedes máis información pinchando aquí

1 comentario:

Anónimo dijo...

Creei un foro onde xuntarnos todos aqueles que vaiamos as actividades do programa "Naturalmente Galiza" ou todos aqueles que lles gusten este tipo de actividades. http://boards5.melodysoft.com/app?ID=aventurasengalica