Mañá xoves dia 20 a partir das 17h no salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo e dentro das actividades conmemorativas do dia de Internet (17 de maio) celebrarase unha pequena xornada dirixida a maiores de idade enfocada a mostrar diversos usos de internet na vida cotiá. Así, comezarase tratando as
redes sociais (FACEBOOK, TUENTI...) non só de como funcionan senón de vantaxes ou perigos ou inconvintes (sobre todo de cara a adoelscentes, etc). Tamén se fará unha demostración de
uso de videochamada (SKYPE) e farase unha demostración de videochamada cunha vicedense en Xenebra (Suiza) e rematarase co uso do
DNI ELECTRÓNICO en diferentes paxinas oficiais como o Catastro, DXT, banca electronica, etc.