O próximo mércores 26 de abril ás 17:30h comezarán as actividades de animación á lectura deste ano 2017, coorganizadas pola Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo e a Consellería de Cultura. Comezaremos cunha actividade dirixida aos máis pequenos da familia, un contacontos acompañado dunha marioneta que fará as delicias de novos e maiores.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 20 de abril de 2017
martes, 4 de abril de 2017
Celebración do día do libro infantil e xuvenil
O día 2 de abril celebrouse o día internacional do libro infantil e xuvenil e a BPM do Vicedo uniuse á celebración durante a tarde do día 3. Concretamente celebrouse unha lectura pública de varios textos de Hans Christian Andersen, que foron seguidos moi atentamente polos nenos e nenas presentes e despois todos foron agasallados con diversos libros infantís para seguir a ler e disfrutar na casa.
lunes, 27 de marzo de 2017
miércoles, 22 de marzo de 2017
Día internacional do libro infantil
A Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo celebra o Día Internacional do libro infantil e xuvenil (2 abril) coa participación no concurso de debuxo a nivel de Galicia "Andersen Hoxe" e coa lectura pública o luns 3 de abril ás 17:30h do escrito creado polo poeta Sergey Makhotin para celebrar ese día.
O prazo para entregar os debuxos xa está aberto e remata o xoves 2 de abril. Os debuxos están divididos en 3 categorías: 1º, 2º e 3º de primaria, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. O debuxo deberá mostrar un dos personaxes dos contos de Hans Christian Andersen tal como sería a día de hoxe. Para participar hai que recoller a ficha de participación na propia biblioteca. O concurso será a nivel de toda Galicia.
viernes, 3 de marzo de 2017
Nova edición da tarde-noite de xogos de mesa
Debido ao forte temporal do 3 de febreiro non se puido disfrutar plenamente da primeira edición da noite de xogos de mesa. Agora repetimos a experiencia o venres 17 de marzo así que convidámosvos a achegarvos a xóvenes e adultos a xogar entre todos a moitos dos xogos que poñemos á vosa disposición. Comezamos ás 21h30!
martes, 31 de enero de 2017
Tarde-noite de xogos de mesa
Unha actividade que nos gusta moito organizar: Tarde-noite de xogos de mesa tanto para nen@s (tarde) como para xóvenes e adultos (noite) para estes días de inverno...
lunes, 16 de enero de 2017
Reformas no escenario da Casa da Cultura
Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego Río Sor están cambiando a tarima do escenario da Casa da Cultura do Vicedo. Era unha obra moi necesaria dado o estado dunha zona do escenario e agora está instalándose unha nova tarima que dará un aspecto diferente ao teatro. Mostramos aquí algunhas fotografías das obras e informaremos cando estean rematadas as obras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)