viernes, 26 de febrero de 2010

Entrega de trofeos da Liga de tenis Concello de O Vicedo

O domingo 28 de febreiro entregáronse na Casa da Cultura de O Vicedo os trofeos para os 3 primeiros clasificados da I LIGA DE TENIS CONCELLO DE O VICEDO. Os tres primeiros foron: Pachi, Quelle e Manolo Piñeiro. A liga vense celebrando desde o mes de decembro e contou con 11 participantes.

jueves, 25 de febrero de 2010

AVISO: Aprázase unha semana a viaxe á neve

Por petición da Oficina Xuvenil de Viveiro, coa que se coorganiza esta actividade, a viaxe á neve prevista para o fin de semana do 5 ao 7 de marzo aprázase para a seguinte fin de semana. Por tanto amplíase tamén o prazo para anotarse na viaxe.

jueves, 18 de febrero de 2010

Viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares

Os días 5, 6 e 7 de marzo organizamos unha viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares para maiores de idade. Trátase dunha viaxe que comezará o venres co desprazamento en autobús ata o Albergue Toribión, o sábado pola mañá almorzo e inicio da actividade de esquí (o que queira recibir un curso de esquí de 2 horas tería que contratalo nese momento por un prezo duns 18 €), o domingo pola mañá máis esquí, comida e regreso en autobús.
O prezo da viaxe é de 100€ para os empadronados no Vicedo e 124 os non empadronados (inclúe aloxamento e tódalas comidas, transporte, aluguer de esquís, botas e bastóns para os dous días e o forfait para os dous días)
Anotacións na Casa da Cultura ou no 982 59 01 95 ou en xuventude@hotmail.com

páxina oficial da estación: www.valgrande-pajares.com
páxina do albergue:http://www.toribiondellanos.com/

lunes, 15 de febrero de 2010

Convocado o programa da Xunta: ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

O programa ROTEIROS PARA A XUVENTUDE consiste nun programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. Para Xovenes entre 18 e 30 anos. Hai poucas prazas para a cantidade de solicitudes que hai.

Máis información:

http://www.xuventude.net/web/xuventude/inicio?p_p_id=92_INSTANCE_x0w0&p_p_action=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-4&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=6&_92_INSTANCE_x0w0_struts_action=%2Fjournal_collection%2Fview&_92_INSTANCE_x0w0_articleId=ARTIGO_7532&_92_INSTANCE_x0w0_version=1.0&#p_92_INSTANCE_x0w0

Xornada de videoconsolas na Casa da Cultura

O pasado venres a Casa da Cultura acolleu unha nova xornada de xogos de videoconsolas e outros xogos como o subbuteo. Houbo unha alta participación tanto na tarde como na noite polo que esperamos repetir a experiencia.

Antroido no Punto de Atención á Infancia

Celebrouse o pasado venres o antroido no Punto de Atención á Infancia situado no Multiusos da Casa da Cultura. Os nenos pasaron unhas horas disfrazados e disfrutando desta festa con tanto seguimento na nosa comarca.