lunes, 11 de abril de 2011

Aberta a inscrición para o Campeonato de Tute deste fin de semana

Xa está aberto o prazo para inscribirse no campeonato de tute que se celebrará este fin de semana na Casa da Cultura. A inscrición é de 2o€ por parella e haberá premios en metálico e trofeos para as dúas primeiras parellas clasificadas.

viernes, 1 de abril de 2011

Entrega premios concurso de debuxo sobre bandeira azul

Acaban de ser entregados os premios das 3 categorías do Concurso de debuxo infantil sobre a bandeira azul que se ven celebrando ó longo do mes de marzo nos obradoiros de actividades da Casa da Cultura. Participaron un total de 35 nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
Os premiados levaron un lote de libros e tódolos nenos levaron un pequeno agasallo de caramelos e piruletas.

Os premiados foron:
De 3 a 5 anos: 1ª Sara e 2ª Nerea
De 6 a 9 anos: 1ª Yanira e 2ª Silvia
De 10 a 12 anos: 1ª Paula e 2º Jonathan


lunes, 28 de marzo de 2011

Actividades socioculturais abril 2010

-Venres 1 de abril. 17h15. Entrega de premios do concurso infantil de debuxo "Bandeira Azul"
Farase a entrega de premios ás 3 categorías (de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12) e tódolos nenos terán un agasallo por ter participado no concurso
-Sábado 16 e domingo 17 de abril de 15h30 a 21h00: Campeonato de Tute.
Inscrición 20€ por parella. Premios en metálico e trofeos.
-Xoves 28 de abril. 17h15. Teatro de marionetas: O Vello que quería ver o tren (Trécola Teatro)
Dentro da campaña LETRAS VIVAS de animación á lectura. Actividade para tódolos públicos pero preferentemente para nenos e nenas de Educación primaria.

jueves, 17 de marzo de 2011

Apertura da aula da Rede Cemit na Casa da Cultura

Desde onte mércores abre en horario de 17h00 a 21h00 a aula da Rede Cemit (antiga sala de internet) na Casa da Cultura onde se poderá asistir a cursos de informática para todalas idades. Hai moitas opcións a elexir tanto para niveis de iniciación como perfeccionamento.
A aula está equipada con 7 ordenadores e gracias ó proxecto TIC TAC tamén conta cun ordenador adaptado para calquera tipo de discapacidade. Xestionará esta aula un técnico informático.
Fotografías da aula e do ordenador do proxecto TIC TAC.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Convocados os campamentos de verán para moz@s entre 9 e 17 anos

Do 8 ó 22 de marzo aberto o prazo para solicitar prazas nos campamentos para mozos e mozas entre 9 e 17 anos. Temos impresos de solicitude na Casa da Cultura e tamén se pode facer por internet se tedes certificado dixital ou dni electrónico.
Tamén aberto o prazo nos campamentos de actividades para xóvenes entre 18 e 35 anos.
Máis info aquí