miércoles, 17 de febrero de 2016

Reapertura da Aula Cemit

Unha vez que se renovou o convenio coa Xunta de Galicia e seleccionou o persoal, o vindeiro luns 22 de febreiro reabrirá a Aula Cemit, situada na planta -1 da Casa da Cultura.
A Aula Cemit dispón de 7 ordenadores con conexión de alta velocidade a Internet e nela vanse organizar diferentes cursos gratuitos relacionados coas novas tecnoloxías e dirixidos a xente de todas as idades. Haberá desde cursos de ofimática ata iniciación á informática, internet e mesmo uso de teléfonos intelixentes (Smartphones). A monitora será a mesma que estivo durante o ano 2015.
Se estás interesado en participar nalgún curso podes achegarte á sede da Aula Cemit a partir do luns 22 en horario de 16h a 20h.

viernes, 15 de enero de 2016

Nova web oficial do Concello de O Vicedo e novo portal turístico do Concello de O Vicedo

Xa se pode navegar polo novo portal cidadán do Concello de O Vicedo, consta de apartados de información importante como a descrición dos servizos municipais, accesos, etc. Ademais, créase un portal turístico onde acceder á información específica desta materia, con información moi exhaustiva de que facer, onde comer, onde durmir, etc, priorizando actividades de turismo activo como sendeirismo e as actividades relacionadas coa pesca e turismo náutico. Podes acceder ao portal cidadán pinchado aquí e ao portal turístico pinchando aquí


martes, 5 de enero de 2016

Fotografías do festival de nadal 2016

Un ano máis foi todo un éxito tanto de participación no escenario como de público asistente. Con esta implicación de pais e xóvenes está asegurada a continuidade do festival que xa é todo un clásico.